Tallulah Bankhead
Nome completoTallulah Brockman Bankhead
Nacemento31 de xaneiro de 1902
LugarHuntsville
Falecemento12 de decembro de 1968
LugarNova York
Causapneumonía
SoterradoFairlee e St. Paul's Kent Churchyard
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educada enMary Baldwin University
PaiWilliam B. Bankhead
Cónxuxe(s)John Emery
Profesiónactriz de televisión, actriz de cinema, autobiógrafa e actriz de teatro
Na rede
IMDB: nm0000845 Allocine: 5875 Allmovie: p3713 IBDB: 66814
Musicbrainz: 4634db50-cb91-4e3e-9f30-b5631a6e60dd Discogs: 1320570 WikiTree: Bankhead-52 Find a Grave: 52 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Tallulah Bankhead.

Tallulah Brockman Bankhead, nada en Huntsville (Alabama) en 1902 e finada en Nova York en 1968, foi unha actriz estadounidense.

Traxectoria

Filla do congresista William Brockman Bankhead, aos quince anos logo de gañar un concurso de beleza dunha revista cinematográfica convenceu á súa familia para se trasladar a a Nova York e en 1918 debutou no teatro cun pequeno papel en The Squab Farm. Logo de participar nalgúns filmes, en 1923 marchou a Londres onde actuou en doce obras nos seguintes oito anos con grande éxito.

Regresou en 1931 para se converter na Marlene Dietrich norteamericana, pero os filmes que protagonizou foron un fracaso. Malia iso David O. Selznick pensou nela para o papel de Scarlett O'Hara, pero aínda que as probas que fixo para Foise co vento foron boas, ao final non a elixiu pola súa idade. Tallulah regresou a Broadway pero non acadou o éxito ata 1939 coa obra The Little Foxes. En 1944 co papel da cínica xornalista Constance Porter no filme de Alfred Hitchcock, Lifeboat realizou a que se considera a súa mellor interpretación cinematográfica.

Nas décadas de 1950 e 1960 seguiu actuando en Broadway e en programas de radio e televisión, nas mediadas da década de 1950 a súa carreira comeza a declinar, en parte pola súa afección ao alcol.

Filmografía

Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega.Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa.

Véxase tamén