Surf
Surf na praia da Lanzada
Surf

O surf é un deporte consistente en manterse ergueito sobre as ondas do mar sobre unha táboa, dirixíndoa cunha ou varias quillas situadas na parte inferior da mesma.

Historia

As orixes do surf parecen centrarse nos indíxenas de Hawai. A práctica consistía na utilización duns troncos de madeira cos que se sustentaban para facer máis accesible a pesca, aínda que hai outras teorías que falan dun rito sagrado que só a clase dominante podía practicar. Anos máis tarde comezouse a emular esta técnica, utilizando unha táboa de madeira para aproveitar o empurrón das ondas e chegar á beira.

O seu lanzamento definitivo prodúcese en California, na década dos 1950, onde se converte no deporte de moda. A súa técnica consistía en manter o equilibrio sobre unha táboa, mentres se realiza todo tipo de piruetas aproveitando as ondas.

Equipamento

Para practicar o surf existe unha extensa gama de accesorios e complementos. O equipo básico componse de táboa, traxe de neopreno, invento (cable de agarre que normalmente se ata ó pé), aleta e elementos protectores (para os xeonllos, de canelas, casco etc).

Para practicar surf requírese estar en boa forma física. O adecuado equilibrio e harmonía nos movementos son condicións para a práctica. Os músculos das pernas son os máis activos xa que son os que manteñen á persoa na táboa e permiten guiala. Por iso é unha zona que se debe reforzar especialmente.

A táboa de surf é a parte esencial do equipo deste deporte. A táboa de surf moderna fórmase mediante as talladoras profesionais de espuma e acabada cunha capa de fibra de vidro ou de fibra de epoxy.

Hai basicamente catro tipos de deseño da táboa de surf:

Código do surf na praia de Malpica

Hai tres tipos principais de ondas:

Outras variantes deste deporte son o windsurf e o kitesurf

Hai tres tipo de ondas:

En Galicia hai moitísimas praias onde practicar este deporte, pero as máis populares e coñecidas son:

Galería de imaxes

Véxase tamén: Galería de imaxes de surf de Galicia.

Notas

  1. Surf con longueirón en Galicia

Véxase tamén

Ligazóns externas