A Super League é o torneo mais importante de Europa de rugby a 13 (rugby league en inglés). O campionato naceu en 1995 como sucesor do antigo Rugby Football League Championship (a liga inglesa de rugby a 13) coa intención de ser un torneo continental, espallándose por outros países fóra de Inglaterra. Actualmente o torneo está composto por 14 equipos, 12 ingleses, 1 francés e 1 galés.

A Super League é a principal competicións de rugby a 13 a nivel de clubs no hemisferio norte, e o campión compite cada ano co campión da NRL (liga de Australia e Nova Zelandia) no World Club Challenge (título semellante á antiga Copa Intercontinental de fútbol).

Dende 2011 a liga pode seguirse en España na canle Sportmanía. O actual campión é o equipo Leeds Rhinos, que venceu o 8 de outubro a St Helens por 32-16 diante de 69.000 seareiros que enchían Old Trafford, acadando dese xeito o seu 5º título. St Helens, que tamén ten 5 títulos no seu palmarés, ven de acadar 5 subcampionatos seguidos dende 2007 ata 2011.

Formato

Cada tempada comeza en febreiro e remata en outubro. Está composta por 27 xornadas. Cada equipo xoga 13 encontros como local na súa casa, 13 encontros como visitante, e finalmente unha xornada mais, no chamado Magic Weekend (fin de semana máxico), no cal o Millennium Stadium de Cardiff acolle 7 encontros en 2 días. Dende 1998, trala tempada regular dispútanse os play offs polo título, cos 8 primeiros equipos da táboa. A gran final do torneo Super League dispútase cada ano no estadio Old Trafford de Manchester, sendo un dos eventos deportivos máis populares e máis vistos pola televisión cada ano en Inglaterra.

Cando remata a tempada regular, antes de que comecen as eliminatorias polo título, a liga publica a lista dos 13 xogadores elixidos no Super League Dream Team, un premio que recoñece ó mellor xogador da tempada en cada unha das 13 posicións do campo.

Equipos

A maioría dos equipos da Super League pertencen á zona norte de Inglaterra onde naceu o rugby league no século XIX, entre as cidades de Liverpool, Manchester, Leeds e Hull. Fora desa rexión hai 2 equipos, 1 en Londres e 1 no sur de Francia.

Equipo Cidade Fundación Estadio Capacidade Títulos En 2011
Yorkshire Bradford Bulls Inglaterra Bradford 1907 Odsal Stadium 27,491 6 10º
Yorkshire Castleford Tigers Inglaterra Castleford 1926 Probiz Coliseum 11,750 -
Pireneos Orientais Catalans Dragons Francia Perpiñán 1935 Stade Gilbert Brutus 13,000 - 6º - ¼ final
Yorkshire Huddersfield Giants Inglaterra Huddersfield 1864 Galpharm Stadium 24,500 7 4º - ¼ final
Yorkshire Hull FC Inglaterra Hull 1865 KC Stadium 25,404 6 8º - ¼ final
Yorkshire Hull Kingston Rovers Inglaterra Hull 1882 Craven Park 10,000 5 7º - ¼ final
Yorkshire Leeds Rhinos Inglaterra Leeds 1864 Headingley Stadium 20,500 8 5º - Campión
Middlesex London Broncos Inglaterra Londres 1980 Twickenham Stoop 14,816 0 12º
Lancashire Salford City Reds Inglaterra Salford 1873 The Willows 11,363 6 11º
Lancashire St Helens Inglaterra St Helens 1873 Knowsley Road 17,350 12 3º - Finalista
Yorkshire Wakefield Trinity Wildcats Inglaterra Wakefield 1873 Belle Vue 12,000 2 13º
Lancashire Warrington Wolves Inglaterra Warrington 1879 Halliwell Jones Stadium 13,024 3 - ½ final
Lancashire Widnes Vikings Inglaterra Widnes 1875 Stobart Stadium 11,500 3 Ascenso
Lancashire Wigan Warriors Inglaterra Wigan 1872 DW Stadium 24,135 19 2º - ½ final
Map of areas where super league teams operate.
Catalans
Broncos
Vikings
St. Helens
Warrington
Wigan
Salford
Hull F.C
Hull KR
Castleford
Leeds
Wakefield
Bradford
Huddersfield

Campións dende 1996

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas