Subversion | |
---|---|
Data | 2000 |
Deseñador | CollabNet |
Desenvolvedor | Apache Software Foundation |
Postas en funcionamento | 20 de outubro de 2000 |
Sistema operativo | Multiplataforma |
Licenza | Licenza Apache |
Web | subversion |
Apache Subversion (SVN) é un sistema de control de versións (VCS) que traza os cambios en ficheiros e permite a coordinación de traballo de moitas persoas para o desenvolvemento de software, páxinas web ou documentación. Distribúese como software libre coa licenza de Apache[1]
Creouno CollabNet Inc. en 2000, co liderádego de Karl Fogel e Ben Collins-Sussman e coa finalidade de ser compatible con Concurrent Versions System (CVS), o naquela hora sistema de control de versións máis usado, e ser o seu sucesor[2]. A maioría dos proxectos de software libre comezárono a empregar, axudados pola procedencia dos fundadores de SVN e a frustración con CVN[2]. Subversion alóxase agora na Apache Software Foundation, despois de que no 2009 CollabNet llelo candidataran para que xestionasen o seu desenvolvemento[3].
Subversion emprégase amplamente en proxectos como Apache Software Foundation, Free Pascal, FreeBSD, GNOME, GCC, KDE, Python ou Samba. SourceForge.net fornece a hospedaxe con Subversion para os seus proxectos de código aberto. Google Code tívoo empregado antes do seu peche[4].
O Galilibros ten un manual sobre: Subversion |