Soylent Green
Ficha técnica
Título orixinalSoylent Green
DirectorRichard Fleischer
ProdutorWalter Seltzer
Russell Thacher
GuiónStanley R. Greenberg
Baseado enMake Room! Make Room! de Harry Harrison
IntérpretesCharlton Heston
Leigh Taylor-Young
Chuck Connors
Joseph Cotten
Brock Peters
Paula Kelly
Edward G. Robinson
MúsicaFred Myrow
FotografíaRichard H. Kline
MontaxeSamuel E. Beetley
EstudioMetro-Goldwyn-Mayer
DistribuidoraMetro-Goldwyn-Mayer
Estrea 19 de abril de 1973
Duración97 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroCiencia ficción, cinema negro
Na rede
IMDB: tt0070723 Filmaffinity: 699914 Allocine: 300 Rottentomatoes: m/soylent_green Allmovie: v45839 TCM: 2061 Metacritic: movie/soylent-green TV.com: movies/soylent-green Editar o valor em Wikidata

Soylent Green é unha película estadounidense de 1973, de xénero suspense distópico, dirixida por Richard Fleischer e protagonizada por Charlton Heston e Leigh Taylor-Young. Edward G. Robinson aparece no seu último filme. Baseado libremente na novela de ciencia ficción de 1966 Make Room! (en galego, Fai sitio!) de Harry Harrison, que combina dous xéneros: policial procesual e ciencia ficción; a investigación sobre o asasinato dun home de negocios e un futuro distópico de océanos extintos debido ao efecto invernadoiro, que orixina contaminación, pobreza, superpoboación, eutanasia e recursos esgotados. [1]

Sinopse

[editar | editar a fonte]

No ano 2022, a cidade de Nova York ten 40 millóns de habitantes. Para alimentar as innúmeras persoas pobres e desempregadas, existen tabletas verdes chamadas Soylent Green, producidas nun principio grazas á industrialización das algas. Só os ricos teñen acceso a alimentos raros como carnes, froitas e verduras.

Cando un rico empresario da Soylent Corporation Industries é asasinado no seu luxoso apartamento, o detective Robert Thorn comeza a investigar. De inmediato sospeita do seu garda-costas, quen asegura ter saído no momento do crime. Despois de interrogalo, Thorn vai ao seu apartamento e atopa cousas sospeitosas, como unha culler cos restos do carísimo amorodo. Mentres Thorn persegue o garda-costas, a súa parella Sol comeza a investigar os rexistros e papeis do empresario morto. Acaba descubrindo unha verdade sorprendente sobre a tableta verde.

Premios

[editar | editar a fonte]
[editar | editar a fonte]

O filme gañou fama por ser unha das primeiras producións que tratou o tema da ruptura do equilibrio ecolóxico e que ofrece a súa particular visión sobre o desenvolvemento tecnolóxico e as súas interconexións coa política. Expresou as preocupacións dos anos 70, cando comezou a aparecer na mente da xente a idea dun futuro negativo, o que tamén se reflectiu en filmes posteriores como Blade Runner (1982) ou Terminator (1984).[2]

"Soylent Green" é mencionado en varias series de televisión, cancións, videoxogos, curtas e películas, tanto para efectos dramáticos como cómicos<

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "Locus Online: John Shirley on Soylent Green". 23 de setembro de 2007. 
  2. / Cuando el destino nos llega (en castelán) ABC. Consultado o 22 de xullo de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]