Snowpiercer | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 설국열차 Seolgungnyeolcha |
Director | Bong Joon-ho |
Produtor | Park Chan-wook Lee Tae-hun Jeong Tae-sung Steven Nam |
Guión | Bong Joon-ho Kelly Masterson |
Baseado en | Le Transperceneige de Jacques Lob e Jean-Marc Rochette |
Intérpretes | Chris Evans Song Kang-ho Tilda Swinton Jamie Bell Octavia Spencer Ewen Bremner Go Ah-sung John Hurt Ed Harris |
Música | Marco Beltrami |
Fotografía | Hong Kyung-pyo |
Montaxe | Steve M. Choe Changju Kim |
Estudio | Moho Films Opus Pictures Stillking Films CJ Entertainment |
Distribuidora | CJ Entertainment |
Estrea | 29 de xullo de 2013 |
Duración | 126 minutos |
Orixe | Corea do Sur |
Xénero | Drama |
Orzamento | $40 000 000[1] |
Recadación | $86 800 000[2] |
Na rede | |
http://snowpiercer-film.com | |
Snowpiercer (coreano: 설국열차, Seolgungnyeolcha) é un filme surcoreano de ciencia ficción baseado na novela gráfica francesa Le Transperceneige de Jacques Lob e Jean-Marc Rochette.[3] O filme foi dirixido por Bong Joon-ho,[4][5] e escrito por Bong e Kelly Masterson. O filme foi o primeiro de Bong en inglés; aproximadamente o 80% do filme foi rodado nesa lingua.[6][7] Está protagonizado por Chris Evans, Song Kang-ho, Tilda Swinton, Jamie Bell, Octavia Spencer, John Hurt e Ed Harris.
A historia ten lugar nun tren Snowpiercer que contén os últimos superviventes da humanidade despois de que esta case desaparecese case por completo por mor de tentar o cambio climático. Curtis Everett (Chris Evans), un membro da sección de cola, lidera unha revolución contra a elite do tren.
Snowpiercer foi ben acollida pola crítica, que gabou a visión e a dirección do filme, situandoa entre os dez mellores filmes de 2014. Recadou máis de 86 millóns de dólares a nivel mundial.[8] Segundo Rotten Tomatoes, a película conta cun 94% de valoracións positivas da crítica especializada, e un 73% da audiencia.[9] No portal Metacritic conta cun 84 sobre 100 en base a 38 críticas, o que supón unha "aclamación universal".[10]