Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1970 (53/54 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escultor , arquitecto , pintor , fotógrafo |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Pais | César Portela e Pascuala Campos de Michelena |
Sergio Portela Campos, nado en Madrid en 1970 e criado en Pontevedra desde 1971, onde reside, é un pintor, escultor e arquitecto galego, fillo dos tamén arquitectos César Portela e Pascuala Campos de Michelena.
Comezou na pintura pero pronto paso a outras áreas (escultura, arquitectura e fotografía), e existen esculturas súas en diferentes cidades galegas, como Pontevedra (Centro Social Caixanova), Vigo (Museo do Mar), Tui, Lalín, Redondela (Monumento ao Capitán Nemo[1]), Vilalba, Santiago ou A Coruña, así como noutras cidades españolas.
Outras das súas actuacións foron a reconstrución do foxo do lobo no Concello de Cotobade así como de muíños de auga e de vento no mesmo concello.
No ano 2002 construíu en Lalín un conxunto escultórico na carballeira da Crespa que no ano 2008 foi trasladado á carballeira do Rodo, próxima ó casco urbano.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sergio Portela |