Artes marciais Chinesas Kung fu · Baguazhang · Hsing-I Chuan · Tai Chi Chuan · I-Chuan · Wing Chun · Wushu · Shaolin Quan · Bajiquan · Suai Jiao · Chin-Na · Sanshou Xaponesas Aikido · Bujutsu · Ninjutsu · Sumo · Iaido · Iaijutsu · Jiu-Jitsu · Judo · Karate · Kendo · Kenjutsu · Sojutsu · Kyudo · Kempo · Naginata Tailandesas Muay Thai · Krabi Krabong Coreanas Hapkido · Haidong Gumdo · Taekwondo · Tangsudo Filipinas Eskrima Occidentais ArtDo · Boxeo · Capoeira · Esgrima · Full Contact · Jeet Kune Do · Xogo do pau · Kombato · Krav Maga · Loita greco-romana · Loita libre · Morganti Ju Jitsu · Sambo · Savate · Shobu-ryu · Wrestling · Vale-tudo Relacionados Samurai · Shihan · Catana · Wakizashi · Dan · Hakama · Dojo · Chi Kung · Kata Listas Lista de armas de artes marciais Lista de deportes olímpicos Lista de deportes
Competición de savate en 1900

Savate, tamén coñecido como boxe française (boxeo francés) ou kickboxing francés, é unha arte marcial francesa que usa tanto as mans como os pés como armas e inclúe elementos do boxeo occidental, técnicas de apreixe e técnicas de perna (só cos pés: nin xeonllo, nin tibia). Os practicantes de savate son chamados savateurs ou "tireurs" no caso dos homes, e savateuses no das mulleres.

Savate toma o seu nome da palabra francesa para bota vella (calzado pesado que se adoitaba usar durante os combates) e é actualmente unha amálgama para as técnicas francesas de loita de principios do século XIX. Nesa época, savate era un tipo de loita común en París e no norte de Francia; e no sur, especialmente no porto de Marsella, os mariñeiros desenvolveran outro estilo coñecido como jeu marseillais (xogo marsellés), que foi renomeado a chausson (zapatilla, que era o calzado que usaban os mariñeiros). En contraste, nesta época en Inglaterra (o lugar de nacemento do boxeo e as regras de Queensberry), dar patadas era visto como antideportivo ou como algo que só usarían os máis covardes.

Os dous personaxes clave na historia do troco de loita da rúa a savate moderno son Michel Casseux (tamén coñecido como "lle Pisseux") (1794-1869), e Charles Lecour (1808-1894). Casseux abriu en 1825 o primeiro edificio para practicar e promocionar unha versión regulamentada de chausson e savate (prohibindo os golpes coa cabeza, ataques cos polgares aos ollos etc). De calquera maneira, o deporte aínda así non conseguiu desfacerse de seu reputación de loita da rúa. Un alumno de Casseux, Charles Lecour estivo exposto á arte inglés do boxeo sobre o ano 1830 e sentiuse desfavorecido, só usando as súas mans para mallar os pés do opoñente e así afastalos, no canto de pegar puñadas como no boxeo. Por esta razón adestrouse en boxeo durante dous anos antes de, en 1832, combinando boxeo con chausson e savate para crear o deporte de savate boxe française tal e como o coñecemos hoxe.

Quizais o recoñecemento máis salientado no que fai á respectabilidade do savate veu en 1924 cando foi incluído como deporte de exhibición nos Xogos Olímpicos de París. A pesar das súas raíces, o savate é un deporte relativamente seguro para aprender. Segundo USA Savate [1], "savate está nos lugares baixos de lesións cando é comparado co fútbol, fútbol americano, hóckey, ximnasia, baloncesto, béisbol e patinaxe en liña"

Na actualidade, o savate é practicado en todo o mundo por afeccionados: desde Australia a Estados Unidos e desde Finlandia ao Reino Unido. Moitos países, como é o caso dos Estados Unidos ten federacións nacionais dedicadas a promover o deporte.

O savate moderno dá tres niveis de competición: asalto, precombate e combate. En asalto, os competidores necesitan concentrarse na técnica mentres intentan facer contacto; os árbitros castigan con penalizacións o uso de forza excesiva. Precombate permite loita sen límites na forza mentres os loitadores leven protección como cascos e espinilleras. Combate, o nivel máis intenso, é similar ao precombate pero o uso de obxectos de protección está prohibido (agás no caso das coquillas e os protectores bucais).

Moitas artes marciais teñen sistemas de cálculo de nivel dos practicantes, como a cor dos cintos no karate. De igual maneira, o savate usa diferentes cores nas luvas para indicar o nivel dun loitador; aínda que, ao contrario que disciplinas como o judo ou a capoeira, que se asignan novos cintos en cada promoción, calquera loitador pode usar o mesmo par de luvas en varias promocións (polo que o nivel non se corresponde directamente coa cor das luvas que usa, senón co que se establece na licenza). Os novatos empezan sen cor e os diferentes exames de ascenso permítenlle ascender a azul, verde, vermello, branco e amarelo por esta orde. A competición está restrinxida para as luvas vermellos e superiores; cada federación ten a posibilidade de establecer cales son as condicións mínimas para poder ensinar o deporte. En Francia é necesario ter a luva amarela para poder obter o grao de instrutor "moniteur" e a luva de prata na súa categoría técnica para acceder ao profesorado. Noutros países como México, todos os graos técnicos a partir do verde requiren dunha avaliación sobre temas de docencia para poder incrementar o desenvolvemento desta arte.

Bibliografía

Ligazóns externas