Samuel Goldwyn
Nacemento17 de agosto de 1882
LugarVarsovia
Falecemento31 de xaneiro de 1974
LugarOs Ánxeles
Causadoenza
SoterradoForest Lawn Memorial Park (Glendale)
NacionalidadeImperio Ruso e Estados Unidos de América
Cónxuxe(s)Frances Howard
FillosSamuel Goldwyn Jr.
Profesiónprodutor de cinema, escritor e produtor
Na rede
IMDB: nm0326418 Allmovie: p91976 TCM: 73184
Musicbrainz: 6bbd4fb0-7b8f-4486-98c7-3a813f4909dc WikiTree: Gelbfisz-1 Find a Grave: 402 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Schmuel Gelbfisz, coñecido como Samuel Goldwyn, nado en Varsovia o 17 de agosto de 1879[1] e finado nos Ánxeles o 31 de xaneiro de 1974 foi un produtor de cinema estadounidense de orixe polaca, fundador da compañía Metro-Goldwyn-Mayer.

Dotado de gran talento e inventiva, no seu case medio século de actividade produciu numerosos filmes de calidade, especialmente no xénero do melodrama e da comedia musical, sendo á súa vez descubridor de grandes talentos, tanto na dirección (Cecil B. DeMille ou William Wyler) como na interpretación (Gary Cooper, David Niven, Danny Kaye, Lili Damita ou Eddie Cantor).

Traxectoria

Goldwyn naceu en Varsovia nunha familia xudía hasídica. Os seus pais foron Aaron Dawid Gelbfisz (1852-1895), vendedor ambulante, e a súa esposa Hanna Reban (de solteira Jarecka; 1855-1924).[2] De moi novo abandonou Varsovia a pé e sen cartos. Viaxou a Birmingham, onde permaneceu con familiares durante uns anos usando o nome de Samuel Goldfish. Tiña dezaseis anos cando morreu o seu pai.

En 1898 emigrou aos Estados Unidos, mais temendo ser rexeitada a súa entrada, atracou en Nova Scotia, Canadá, antes de mudarse ao estado de Nova York en xaneiro de 1899. Atopou traballo en Gloversville, Nova York, no negocio da roupa. Axiña o seu talento para o márketing converteuno nun vendedor de éxito en Elite Glove Company. Tras catro anos, como vicepresidente de vendas, instalouse en Nova York.[3]

En 1913, xunto co seu cuñado Jesse L. Lasky, Cecil B. DeMille e Arthur Friend formou unha compñía, The Jesse L. Lasky Feature Play Company, para producir longametraxes.

Notas

  1. Samuel Goldwyn, Lobo Solitario de Hollywood (en inglés)
  2. "Goldwyn". 
  3. A. Scott Berg, Goldwyn, a Biography

Véxase tamén

Ligazóns externas