Samson and Delilah | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Samson and Delilah |
Director | Warwick Thornton |
Produtor | Kath Shelper |
Guión | Warwick Thornton |
Intérpretes | Rowan McNamara Marissa Gibson |
Música | Warwick Thornton |
Fotografía | Warwick Thornton |
Montaxe | Roland Gallois |
Distribuidora | Madman Entertainment |
Estrea | Festival de Cinema de Adelaide: 20 de febreiro de 2009 7 de maio de 2009 |
Duración | 97 minutos |
Orixe | Australia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
http://www.samsonanddelilah.com.au/ | |
Samson and Delilah é un filme australiano de 2009 dirixido por Warwick Thornton e protagonizado por Rowan McNamara e Marissa Gibson. Foi rodado en Alice Springs e arredores. Descrito como unha "historia de amor e supervivencia" polo seu director, conta a historia de dous adolescentes aborixes australianos de catorce anos que viven nunha comunidade remota. Rouban un coche para escapar da súa difícil vida e marchan cara a Alice Springs.[1] O filme competiu na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2009,[2] gañando a Cámara de Ouro.[3][4] O filme tamén gañou o premio Asia Pacific Screen ó mellor filme en 2009.[5] Foi escollido como candidato australiano para o Óscar ó mellor filme internacional na 82ª edición dos premios,[6] clasificándose na lista curta de xaneiro.