Salgueiro anano | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Salix repens' L. |
O salgueiro anano ou salgueiro rastreiro[1] Salix repens, é unha especie de salgueiro pertencente á familia das salicáceas. É un arbusto orixinario de Eurasia, estando presente en Galiza en brañas, lameiros e outras zonas húmidas.
É un arbusto rastreiro que acada un tamaño de 1 m de altura. Os talos deitados, decumbentes, radicantes e con pólas ergueitas, ao principio tomentosas, despois glabrescentes ou glabras, as adultas glabras, castaño-avermelladas, pardo-cinsentas ou negras; a casca dos talos vellos ás veces se exfolia. Follas alternas e ás veces opostas na base das pólas, até 2 × 1(1,5) cm, oblongo-transovadas, elípticas, lanceoladas, transovado-lanceoladas, ápice agudo recurvado, raramente obtuso, base arredondada, marxe revoluta, con poucos dentes ou enteiro; glabras, glabrescentes ás veces pubescentes, de cor verde escura olivácea pola face, pubescentes con pelos adpresos e seríceos, mais ás veces glabrescentes ou até completamente glabras e glaucas polo envés; pecíolo de menos de 0,5 cm, viloso, coa base alargada; estípulas reducidas a glándulas ou poucas veces presentes, lanceoladas. Amentos (candeas) 3 × 1 cm, alternos, poucas veces opostos, coetáneos ou subcoetáneos, laterais, ás veces subterminais, por rareza sésiles, ou ben sobre pedúnculos curtos con brácteas foliáceas; brácteas florais transovadas, oblongas, lanceoladas, con ápice obtuso ou emarxinado, normalmente máis escuro, aínda que moitas veces toda ela uniformemente escura, con longos pelos. Flores masculinas con estames de filamentos ceibos, pilosos, ás veces glabros; as femininas con pistilo pubescente, glabrescente e até glabro, sobre un longo pedicelo, estilo curto e estigmas bífidos ou mazudos.[2]
Atópase en zonas de areas soltas, nas dunas costeiras, prados de ribeira e na beira das brañas, lameiros e pantanos; a unha altitude entre os 0 e os 1500 metros no norte, oeste e centro de Europa, leste e centro de Asia. En Galiza é común nas zonas húmidas.
Salix repens foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1020, no ano 1753.[3][4]
Ten un número de cromosomas de: 2n = 38.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salgueiro anano |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Salgueiro anano |