STS-112 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-112 | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 7 de outubro de 2002, 19:46 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6] |
Duración da misión | 10,83 días[6] |
Obxectivo da misión | Montaxe, reparación e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6] |
Regreso | 18 de outubro de 2002[6] |
NSSDC ID | 2002-047A |
STS-112 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 7 de outubro de 2002 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-112, con seis astronautas a bordo (cinco americanos e un ruso), foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Jeffrey Ashby, a piloto Pamela Melroy e os especialistas de misión David Wolf, Piers Sellers, Sandra Magnus e Fiodor Iurchikhin.[3][5][6][7]
O transbordador levaba a bordo a viga S1 (de 14 m e 13 toneladas) para estender o mastro central e con parte do sistema de control térmico, incluíndo circuítos de enfriamento con amoníaco e radiadores. Tamén levaba a plataforma CETA (Crew and Equipment Translation Aid) para o desprazamento de astronautas durante as actividades extravehiculares. A viga e a CETA foron instaladas durante tres paseos espaciais. Durante a misión tamén se reparou a cinta de exercicio da estación, se axutaron uns circuítos protectores na viga S1 e se subistituíu un separador de humidade na esclusa Quest.[3][5][6][7]
O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 18 de outubro de 2002.[3][5][6]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-112 |