Russell Means
Nacemento10 de novembro de 1939
LugarReserva india de Pine Ridge
Falecemento22 de outubro de 2012
LugarPorcupine
Causacancro do esófago
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enSan Leandro High School
FillosTatanka Means
Profesiónactor, músico, autobiógrafo, actor de cinema, político, actor de dobraxe, actor de televisión, activista pola paz, activista político e escritor
Na rede
http://www.russellmeans.com/
IMDB: nm0575184 Allocine: 15717 Allmovie: p48143
Musicbrainz: ee075709-ed22-41f8-ab9c-920d7ed0df71 Discogs: 1923100 WikiTree: Means-2540 Find a Grave: 99389833 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Russell Charles Means, nado o 10 de novembro de 1939 na Reserva india de Pine Ridge e finado o 22 de outubro de 2012 en Porcupine, foi un actor, músico e activista político síux, tamén coñecido en lingua lakota como Oyate Wacinyapi.

Traxectoria

Russell Means nado en Wanblee, Dacota do Sur, nunha comunidade que se atopa no Reserva india de Pine Ridge, é fillo de Theodora Feather e Harold "Hank" Means. Foi bautizado como Oyate Wacinyapin, que na lakota quere dicir "traballa para a xente". Os seus pais eran os dous síux Oglala.

En 1968 uniuse á American Indian Movement (AIM) unha organización que loita polos dereitos dos indios americanos, e rapidamente converteuse nun dos seus líderes.

Traxectoria profesional

Means comeza a súa carreira como actor en 1992, encarnando ó xefe Chingachgook en O derradeiro dos mohicanos, un filme dirixido por Michael Mann. A partir de entón aparece en filmes como Asasinos natos, Into The West ou Pathfinder. En Pocahontas, presta a súa voz para o personaxe do pai, o Xefe Powhatan. Tamén a prestou para o videoxogo Under A Killing Moon.

Retratos de Warhol

Andy Warhol pintou dezaoito retratos de Russell Means na súa serie de Indios de América. O instituto de arte de Dayton ten un deses cadros.

Véxase tamén

Ligazóns externas