Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1175 Italia |
Morte | 24 de decembro de 1193 (17/18 anos) Palermo |
Lugar de sepultura | Catedral de Palermo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Sicilia |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Duque |
Familia | Casa de Hauteville |
Cónxuxe | Irene Angelina (1192–) |
Pais | Tancredo de Sicilia e Sibylla of Acerra (en) |
Irmáns | Guillerme III de Sicilia, Constance of Sicily, Dogaressa of Venice (en) , Valdrada di Sicilia (pt) , Sibylla of Sicily (en) e Elvira of Sicily (en) |
Roxerio III de Sicilia, nado contra 1175 e finado en Palermo o 24 de decembro de 1193,[1] foi un príncipe normando da familia dos Hauteville, que foi duque da Puglia e despois correi de Sicilia entre os anos 1191 e 1193. Algunhas moedas (follari) cuñadas en Mesina amosan os nomes de Tancredo e Roxerio como reis.[2]
Roxerio foi o fillo primoxénito do rei Tancredo I de Sicilia e da súa esposa Sibila de Acerra.
En 1189 foi nomeado polo seu pai duque da Puglia, como confirmación da súa condición de herdeiro, e en 1191 foi nomeado correi xunto co seu pai.[3]
Un ano máis tarde contraeu matrimonio na catedral de Brindisi con Irene Anxo, filla do emperador bizantino Isaac II Anxo.[4] [5]
Fíxose cargo das rendas do Reino durante as loitas polo trono de Sicilia que o seu proxenitor mantiña contra o emperador xermánico Henrique VI Hohenstaufen, que viña reclamando o Reino desde varios anos antes baseándose nos dereitos da súa esposa, Constanza I de Sicilia, filla póstuma do rei Roxerio II de Sicilia, e pretendente lexítima desde 1189,[3] pero en decembro de 1193 enfermou e morreu á idade de 18 anos.[1]
Sucedeuno como correi o seu irmán Guillermo. O seu pai Tancredo falecería o 20 de febreiro de 1194. E Henrique VI invadiría o Reino, apresando á súa familia e casando á súa viúva co seu irmán Filipe de Suabia.
16. Roxerio I de Sicilia | ||||||||||||||||
8. Roxerio II de Sicilia | ||||||||||||||||
17. Adelaida del Vasto | ||||||||||||||||
4. Roxerio III de Pulla | ||||||||||||||||
18. Afonso VI de Castela | ||||||||||||||||
9. Elvira de Castella | ||||||||||||||||
19. Isabel de Sevilla | ||||||||||||||||
2. Tancredo de Sicilia | ||||||||||||||||
10. Achard II de Lecce | ||||||||||||||||
5. Emma de Lecce | ||||||||||||||||
1. Roxerio III de Sicilia | ||||||||||||||||
3. Sibila de Acerra | ||||||||||||||||
Predecesor: Tancredo I |
Correi de Sicilia (baixo Tancredo I) 1191 - 1193 |
Sucesor: Tancredo I (con Guillerme III de Sicilia) |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roxerio III de Sicilia |