Romai
Igrexa de San Xián de Romai
ConcelloPortas[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°33′16″N 8°40′53″O / 42.55454702, -8.68141903Coordenadas: 42°33′16″N 8°40′53″O / 42.55454702, -8.68141903
Poboación958 hab. (2017)
Entidades de poboación17[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xián de Romai é unha parroquia que se localiza no concello de Portas. Segundo o IGE en 2010 tiña 979 habitantes (518 mulleres e 461 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 997 habitantes. Actualmente esta tendencia de declive foise moderando e manténdose unha correcta relación entre a taxa de natalidade e de mortalidade no 2015.

Patrimonio

Houbo un poboado castrexo no Peso, en Romai Vello. Nel atopouse unha ara votiva romana, conservada no Museo de Pontevedra.

A igrexa parroquial é de orixe románica. A fachada ten a portada de arco apuntado e dobre arquivolta. No interior do templo hai un arco triunfal de medio punto. Preto do templo hai un cruceiro coa imaxe da Virxe das Dores, e hai outro máis no lugar de Cubelo.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Romai

Lugares da parroquia de Romai no concello de Portas (Pontevedra)

Bacelo | A Cachada | O Casal | O Castro | Chan de Outeiro | A Costa | Covelo | Currás | Frieiro | Mourigán | Porto do Salto | Quintáns | Romai Vello | Tarrío | Tras do Río | Vilavedra | Xagobe

Parroquias de Portas

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Portas

Briallos (San Cristovo) | Lantaño (San Pedro) | Portas (Santa María) | Romai (San Xián)

Notas

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.

Véxase tamén

Outros artigos