Infotaula de personaRoi Vidal

(2013) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de agosto de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalUniversidade de Santiago de Compostela
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Actividade
Ocupaciónpoeta , crítico de teatro , músico , dramaturgo , filólogo , director teatral Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía, teatro, ensaio e narrativa
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisRoberto Vidal Bolaño Editar o valor em Wikidata  e Laura Ponte Santasmarinas Editar o valor em Wikidata
Premios
XV Premio de Poesía Concello de Carral 2012

BNE: XX5377876 Dialnet: 2010841

Roi Vidal Ponte, nado en Santiago de Compostela o 31 de agosto de 1982, é profesor, filólogo, poeta, dramaturgo, crítico teatral, músico e director de escena.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Roberto Vidal Bolaño e Laura Ponte Santasmarinas. Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e en Dirección de Escena pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Comezou publicando poesía e teatro en revistas como Revista das Letras, Dorna ou Casahamlet. Finalista en 2008 do II Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico (Xerais) coa peza Último Capítulo, do Premio Xuventude Crea en 2010 co poemario Pop (Xunta de Galicia) e en 2011 co relato un Coitelo manchado de graxa. En 2012 obtivo o Premio Concello de Carral co poemario Teatro. A súa peza "Canción triste de Wall Street" forma parte do libro Banqueiros (Laiovento, Premio da Crítica 2013). En 2014 publicou unha biografía de Roberto Vidal Bolaño titulada Fóra de Portas (Edicións Positivas).

Como director de teatro estrea as pezas Matilde, de David Pobra e Mario Benedetti (para Bicodobrelo, 2008), Faraoas (Tirita Producións, 2011)[1], Operación Triunfo (creación colectiva de Gargallada Teatro a partir de Ubu Roi de Alfred Jarry, 2015) e Illa/Ollo, a partir dun texto de Manuel Lourenzo (coa compañía Nasdrovia, 2015). No 2018 inicia a súa actividade nos Obradoiros de Teatro do Concello de Ponteareas, coa dirección da peza O paraugas transparente, de creación colectiva.

Crítico e estudoso do feito teatral en medios como Vieiros, Faro de Vigo, Protexta ou Praza Pública, actualmente forma parte do consello de redacción da erregueté.

Obra literaria

[editar | editar a fonte]
Vidal (no centro) xunto a Laura Ponte e Xavier Estévez.

Teatro

[editar | editar a fonte]

Poesía

[editar | editar a fonte]

Narrativa curta

[editar | editar a fonte]

Biografía

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]

Obra estreada como director de escena

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "TIRITA PRODUCIÓNS: FARAOAS na revista Tempos Novos". Consultado o 2016-01-04. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]