(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Roi Casal Figueira 1980 (43/44 anos) Catoira, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | cantautor , arpista , artista discográfico |
Período de actividade | 2000 - |
Membro de | Milladoiro (2000–2009) |
Xénero artístico | Música tradicional galega, música pop e música latina |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Instrumento | Arpa, voz e zanfona |
Páxina web | roicasal.com |
Roi Casal Figueira, nado en 1980 en Catoira, é un músico, cantante e compositor galego.
Formou parte do grupo galego Milladoiro como harpista dende 2000 até 2009. Publicou o seu primeiro álbum en solitario, Lendas Douradas, en novembro de 2008. Nel céntrase na música tradicional dende unha perspectiva pop. Son destacábeis as letras de Rosalía de Castro e de Manuel María e do propio artista en varias cancións.
En 2011 publicou Maxicamente vello, no que realiza unha interpretación da música galega dende unha visión contemporánea.[1] Con este disco realizou unha xira de máis de 50 concertos por todo o estado español e recibiu numerosos recoñecementos, entre os que destaca o Premio Internacional Cubadisco recibido na Habana en 2014.[2] En 2014 publicou Donos do noso destino, co que emprendeu unha xira internacional por Suíza, Uruguai, a Arxentina e Cuba.[3] Ese mesmo ano recibiu o Premio Bo e Xeneroso por parte da Fundación Eduardo Pondal.[4]
Tamén en 2014 varios temas da súa discografía foron seleccionados para formar parte das bandas sonoras das series da TVG Caseiros[5] e Pazo de Familia.[6]
En 2016 publicou Son galego, Son cubano, froito do traballo conxunto durante case 2 anos con Xosé Neira Vilas. Estreouse no Gran Teatro da Habana (antigo Palacio do Centro Galego) con 2 funcións o 27 e 28 de maio de 2016[7] para continuar cunha xira por Galicia. No disco, con 12 temas e outro extra, Casal puxo música ás letras de Neira Vilas. Contou coas colaboracións de Pablo Milanés e Laritza Bacallao e incluíu o documental A Illa dos Galegos, dirixido pola cineasta cubana Natasha Vázquez.[8][9]