Roger Joseph Ebert, nado en Urbana (Illinois) o 18 de xuño de 1942 e finado en Chicago o 4 de abril de 2013, foi un crítico cinematográfico estadounidense recoñecido a nivel mundial.
En 1975 converteuse no primeiro crítico de cinema en gañar o premio Pulitzer, outorgado pola Universidade de Columbia. Desde 1967 os seus comentarios semanais son publicados polo Chicago Sun-Times, e grazas a que a súa columna está sindicada pode ser lido en máis de douscentos xornais estadounidenses.
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |