Robert Mitchum
Nome completoRobert Charles Durman Mitchum
Nacemento6 de agosto de 1917
LugarBridgeport
Falecemento1 de xullo de 1997
LugarSanta Bárbara
Causacancro de pulmón e Enfisema pulmonar
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enHaaren High School
PaiJames Thomas Mitchum
NaiAnn Harriet Gunderson
FillosChristopher Mitchum
Profesiónactor, cantante, compositor, actor de cinema, director de cinema, actor de televisión, produtor de cinema, guionista e poeta
Na rede
IMDB: nm0000053 Allocine: 730 Rottentomatoes: celebrity/robert_mitchum Allmovie: p49738 TCM: 133126 TV.com: people/robert-mitchum
Musicbrainz: e3b7d704-8eff-4498-9e97-964cc3611424 Discogs: 319983 WikiTree: Mitchum-82 Find a Grave: 1817 Genius: Robert-mitchum Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Robert Charles Durman Mitchum, nado en Bridgeport (Connecticut) o 6 de agosto de 1917 e finado en Santa Barbara (California) o 1 de xullo de 1997 foi un actor estadounidense.

Traxectoria

Cando era neno, Mitchum meteuse en moitos problemas, pasando a vivir cos seus avós e logo coa súa irmá máis vella, ata que marchou de casa, viaxando polo condado e probando distintos empregos. Aos catorce anos foi arrestado por vagabundo e encerrado no cárcere local. Fuxiu e volveu coa súa familia a Delaware. Pouco despois volveu a marchar, viaxando a California.

Chegou a Long Beach en 1936, quedando na casa da súa irmá. O resto da súa familia uniuse a eles pouco despois. Neste tempo traballou como “negro” dunha astróloga, Carroll Righter. Foi a súa irmá a que o convenceu de unirse con ela á compañía teatral da cidade. En 1940 marchou á costa leste para casar con Dorothy Spence, á que coñecera uns anos antes.

Tras traballar como operario, unha crise nerviosa levou a Mitchum a buscar traballo como actor ou extra en filmes. Grazas a un axente que coñecera conseguiu o papel de malvado unha serie de filmes en 1942 e 1943. Tras impresionar o director Mervyn LeRoy durante a rodaxe de Thirty Seconds Over Tokyo, Mitchum conseguiu un contrato de sete anos coa RKO Radio Pictures.

En 1945 foi emprestado á United Artists para o filme The Story of G.I. Joe, de William A. Wellman, que conseguiu catro candidaturas ao premio Oscar incluída a única de Mitchum como oscar ó mellor actor secundario. O éxito destes filmes fixo que pasase de series B ao cinema negro, onde realizaría algúns dos seus mellores papeis.

En 1948 foi detido xunto coa actriz Lila Leeds por posesión de marihuana, motivo polo que pasou unha semana no cárcere local e corenta e tres días nunha granxa-prisión, arrodeado polos fotógrafos da revista Life. Os filmes que estreou tras o arresto foron éxitos de público.

En 1955 foi o protagonista de A noite do cazador, único filme dirixido por Charles Laughton, considerada unha das súas mellores interpretacións.[1][2] Ese mesmo ano fundou DRM (Dorothy and Robert Mitchum) Productions, coa que produciu cinco filmes para a United Artists.[3]

Na década de 1960 e de 1970, despois de Cape Fear, interveu en filmes menores. Tamén desenvolveu unha carreira como cantante.

Filmografía

Notas

  1. Popmatters.com (ed.). "Part 2: The Dark Side: 100 Essential Male Film Performances". Consultado o 10 de outubro de 2012. 
  2. Ebert, Roger (20 de abril de 2010). Chicago Sun-Times, ed. Great Movies: The Night of the Hunter. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2008. Consultado o 03 de setembro de 2021. 
  3. Roberts, Jerry (2000). Limelight Editions, ed. Mitchum: In His Own Words. p. 208. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas