Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1175 Stradbroke (en) |
Morte | 10 de outubro de 1253 (77/78 anos) Lincoln (pt) |
Lugar de sepultura | Lincolnshire |
Bispo diocesano | |
27 de marzo de 1235 – ← Hugh de Wells (en) – Henry of Lexington (en) → Diocese: Roman Catholic Diocese of Lincoln (England) (en) | |
Anglican bishop of Lincoln (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Inglaterra Reino Unido |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Oxford |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1235–), sacerdote católico (1235–), diácono (1210–), naturalista , astrónomo , matemático , físico , filósofo , teólogo |
Empregador | Universidade de Oxford |
Alumnos | Roger Bacon |
Lingua | Lingua latina |
Orde relixiosa | Orde Franciscana |
Consagración | San Edmundo Rich |
Obra | |
Obras destacables
| |
Robert Grosseteste (ca. 1175 - 1253) foi un home de estado, filósofo, teólogo e bispo de Lincoln. Nado en Stradbroke, (Suffolk, Inglaterra), de pais de orixe humilde e membro da orde franciscana, foi un erudito en case todos os ámbitos do saber da súa época.
Trátase dun importante representante da historia do pensamento medieval e dun gran precursor da filosofía e a ciencia modernas, en particular pola súa influencia sobre Bacon, Ockham e Duns Scoto, e pola súa intención de introducir o pensamento aristotélico na universidade de Oxford. Probabelmente foi o primeiro chanceler desta universidade.
Recuperou para o método científico a idea grega de explicación. A súa concepción da ciencia implicaba observacións e experimentos. A posibilidade de aplicar a matemática á ciencia física sería desenvolvida, no século XIV, por un grupo de discípulos seus, vinculados ao Merton College, coñecidos como os Calculatores, que desenvolveron unha matemática do movemento.
O seu sobrenome provén do latín indicando Grossum caput (Cabeza grande), seguramente para referirse á súa gran capacidade de estudo e gran memoria.
A súa liña de pensamento propoñía retomar o pensamento de Santo Agostiño, procurando volver sobre a tradición escolástica tal como se formulou na súa orixe.
Traballou en innumerábeis obras desde os anos 1220 até 1235, e escribiu varios tratados científicos, entre os que están:
Menciónase habitualmente como un dos maiores comentadores da obra de Aristóteles.
A cultura cristián e clásica conservárase en Inglaterra mentres se perdera practicamente no continente. Renace co Imperio carolinxio, grazas precisamente ao labor de Alcuino de York, (século VIII), que desde Inglaterra fundou bibliotecas a partir dos libros procedentes da illa e estableceu diversas escolas de ensinanza do trivium e o quadrivium. Continúa o seu labor, no século IX, Xoán Escoto Eríxena.
O movemento cisterciense e a recuperación dos escritos clásicos, sobre todo os de Aristóteles, xunto coas achegas científicas dos árabes, a partir do século XI, renovan en Inglaterra o espírito da Escola de Chartres,[1] especialmente con Xoán de Salisbury.
Pouco a pouco diferénciase Inglaterra da cultura francesa simbolizada na universidade de París, onde permanece máis o espírito dialéctico introducido por Pedro Abelardo e a preocupación por unha filosofía entendida como "ancilla Theologiae".[2]
Deste modo, concretamente en Oxford, rexorde o espírito platónico-agostiñano; estúdanse linguas, sobre todo o árabe, e cultívase o coñecemento da ciencia natural, da man do aristotelismo e os árabes, sendo de especial interese o estudo da matemática, menosprezada polos teólogos de París. Foi de especial relevancia o espírito da orde franciscana fronte ao espírito da orde dominica, que prevalece no continente.[3]
Grosseteste coñeceu os tratados de óptica árabes, e baixo a influencia do neoplatonismo, considerou a luz como a materia orixinal creada por Deus do nada e a partir da cal se substancia o universo enteiro.
Seguindo Grosseteste, a luz é unha substancia corpórea, pero enormemente próxima ao incorpóreo, sendo a súa principal propiedade xérase a si mesma perpetuamente; xerada nun punto, expándese en forma esférica en todas as direccións, de modo instantáneo. Na súa expansión vai enrarecéndose até chegar a un límite (pois a materia non pode ser infinita).
Por estenderse nas tres dimensións do espazo, a luz xera a corporeidade. Na súa difusión estende consigo a materia da que é inseparábel. Deste xeito a luz é a primeira forma creada por Deus na materia prima á que vai unida e constitúe así o principio do universo que contemplamos.
O límite máximo de propagación da luz constitúe o firmamento, que reflicte á súa vez a luz cara ao centro do mundo. Ao reflectirse a luz xera as nove esferas celestes, sendo a máis inferior a da Lúa. Por encima desta esfera non hai movemento, mentres que por debaixo gradúanse e mestúranse os catro compoñentes: lume, aire, auga e terra.
Máis que por descubrimentos especiais, a importancia de Grosseteste provén de introducir e destacar a importancia das matemáticas no coñecemento científico da natureza física.
utilitas considerationis linearum, angulorum et figurarum est maxima, quoniam impossibile est sciri naturalem philosophiam sine illis: valent in toto universo et partibus eius absoluteRobert Grosseteste [4]
(É moi importante a utilidade de considerar o estudo das liñas, dos ángulos e das figuras, porque é imposíbel coñecer a filosofía natural [5] sen elas: valen absolutamente para todo o universo e as súas partes)
Pois as accións naturais propáganse segundo as leis da reflexión e da refracción. Por iso hai que coñecer a fondo as figuras fundamentais: a esfera, porque é o modo de propagación da luz; e a pirámide, porque é o modo máis poderoso no que un axente pode exercer nunha superficie partindo dun punto. Todo pode explicarse mediante os principios da óptica e da xeometría.
Tales principios son a base de inspiración para o seu discípulo Roger Bacon.
O home ocupa o centro do mundo, o mesmo que Deus é o centro da creación. A alma, por tanto, obra tamén en función da luz mediante o corpo e os sentidos. A alma obra sobre o corpo, pero non viceversa, tal como pensa San Agostiño. Por iso o entendemento é unha facultade da alma, non do corpo, e non necesita elemento corporal ningún para obrar e coñecer. Contemplando as cousas materiais pode ir abstraendo as formas da natureza, segundo o modo platónico, liberándose pouco a pouco do peso material do corpo; pero só as almas elixidas, liberadas polo amor de Deus poden, nesta vida, chegar á contemplación das ideas.
Como non podía ser doutro modo, a teoría da iluminación de Santo Agostiño constitúe a base da súa teoría do coñecemento.
O seu espírito científico é un claro antecedente da idea galileana acerca de que o universo está escrito en linguaxe matemática.[6]