Riven chornoho | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Рівень чорного |
Director | Valentyn Vasyanovych |
Produtor | Valentyn Vasyanovych |
Guión | Valentyn Vasyanovych |
Intérpretes | Kostyantyn Mokhnach |
Fotografía | Vladimir Ivanov |
Estrea | 17 de xullo de 2017 |
Duración | 91 minutos |
Orixe | Ucraína |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Riven chornoho (en ucraíno: Рівень чорного) é un filme ucraíno de 2017 dirixido e escrito por Valentyn Vasyanovych. Foi escollido como candidato de Ucraína para o Óscar ó mellor filme internacional na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1] Ocupa o posto 95-100 na lista dos 100 mellores filmes da historia do cinema ucraíno segundo o Centro Nacional Oleksandr Dovženko.[2]
Kostya, un fotógrafo de vodas de 50 anos, vive unha crise da mediana idade despois de que o seu pai quedase paralizado por un derramo cerebral e a súa moza o abandonase.[3][4] Todo o que amaba e ao que estaba unido foise para sempre. Aínda que non hai moitas cousas así na súa vida: un pai paralizado logo dunha apoplexía, un amigo, un estilista de revistas de vodas, un gato vello, diapositivas nas que é feliz. Kostya leva toda a súa vida fotografando a felicidade doutras persoas. Para el, é unha rutina normal.[5]