Richard Burton | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Richard Burton en The Robe. | |||||||||||
Nome completo | Richard Walter Jenkins | ||||||||||
Nacemento | 10 de novembro de 1925 | ||||||||||
Lugar | Pontrhydyfen, Gales | ||||||||||
Falecemento | 5 de agosto de 1984 (58 anos) | ||||||||||
Lugar | Céligny, Suíza | ||||||||||
Causa | hemorraxia cerebral | ||||||||||
Soterrado | Old Cemetery of Céligny | ||||||||||
Nacionalidade | ![]() | ||||||||||
Relixión | ateísmo | ||||||||||
Educado en | Exeter College | ||||||||||
Pai | Richard Walter Jenkins | ||||||||||
Nai | Edith Mawd Thomas | ||||||||||
Cónxuxe(s) | Sybil Christopher (1949–1963) Elizabeth Taylor (1964–1974; 1975–1976) Suzy Hunt (1976–1982) Sally Burton (1983–1984) | ||||||||||
Fillos | Jessica Burton, Liza Todd, Maria Burton e Kate Burton | ||||||||||
Profesión | Actor | ||||||||||
| |||||||||||
Na rede | |||||||||||
http://www.richardburton.com/ | |||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||||||||||
![]() | |||||||||||
[ editar datos en Wikidata ] | |||||||||||
Richard Walter Jenkins, coñecido como Richard Burton, nado en Pontrhydyfen o 10 de novembro de 1925 e finado en Céligny, Suíza o 5 de agosto de 1984 foi un actor galés.
Naceu en Gales, fillo dun mineiro. De pequeno demostrou unha excelente memoria, ademais de talento para as linguas. Porén, o seu principal interese eran os deportes.
As súas primeiras interpretacións profesionais foron en obras de radio da BBC. Debutou no cinema en 1947. Cinco anos despois marchou a Hollywood. Durante a súa carreira seguiu alternando cinema e teatro, sendo recoñecido polas súas interpretacións en obras de William Shakespeare.
En 1963 protagonizou Cleopatra, onde coincidiu con Elizabeth Taylor. Os dous iniciaron unha tempestuosa relación amorosa que os levou a casar en dúas ocasións.
Finou en Suíza vítima dunha hemorraxia cerebral. A pesar do súpeto do seu pasamento, a súa saúde fora decaendo por mor do alcohol.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Richard Burton ![]() |