Ribosa | |
---|---|
Molécula de β-D-Ribofuranosa. | |
Fórmula química | C5H10O5 |
Masa molecular | 150,13 g mol−1 |
Densidade | 0,80 g cm−3 |
Número CAS | D:[50-69-1] L:[24259-59-4] |
A ribosa é un monosacárido que ten cinco átomos de carbono (pentosa). Posúe o grupo funcional aldehido (-CHO) localizado sempre no carbono número 1, polo que forma parte do grupo das aldosas.
Non é unha molécula hidrolizable e a forma habitual na que aparece é a cíclica. Atópase nos alimentos, especialmente nas carnes vermellas, pero en cantidades moi pequenas; e nos ouriños, sobre 1 mg/l.
É moi importante para os seres vivos porque forma parte de moléculas esenciais como o ATP, o NAD+ e o ácido ribonucleico.
A súa fórmula é C5H10O5
En bioloxía, a D-ribosa pode fosforilarse pola célula antes de ser empregada. A riboquinasa cataliza esta reacción convertendo a D-ribosa en D-ribosa-5-fosfato. Unha vez feita a conversión, a D-ribosa-5-fosfato queda dispoñible para a fabricación dos aminoácidos triptófano e histidina, ou para intervir na vía da pentosa fosfato.
A ribosa pode presentar diversa estruturas espaciais isoméricas.
Segundo o dito anteriormente, podemos agrupar as distintos tipos de ribosa na táboa inferior e nela podése ver a súa abundancia en tanto por cento:
Isomería da D-Ribosa | ||
---|---|---|
Forma lineal | Proxección de Haworth | |
<1% |
α-D-Ribofuranosa 6,5% |
β-D-Ribofuranosa 13,5% |
α-D-Ribopiranosa 21,5% |
β-D-Ribopiranosa 58,5% |