Retranca Editora | |
---|---|
Tipo | editorial |
Data de fundación | 2007 |
Director/a | Kiko da Silva |
Sede | Pontevedra |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Retranca Editora é unha editorial galega de banda deseñada con sede na cidade de Pontevedra. O seu director é Kiko da Silva. Fundouse en 2007 e ten unha produción estimada de entre 3 e 4 títulos por ano, tanto de autores galegos como de fóra[1]. É a empresa responsable da publicación da revista homónima.
Entre os títulos do seu catálogo figuran obras como Pinturas de guerra de Ángel de la Calle[2] ou Amani de Miguelanxo Prado[3].