(1988) | |
Nome orixinal | Raymond Clevie Carver Jr. |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de maio de 1938 Clatskanie, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 2 de agosto de 1988 (50 anos) Port Angeles, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | Morte natural (Cancro de pulmón ) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | estadounidense |
Educación | Universidade Stanford A.C. Davis High School (en) California State University, Chico (en) Universidade Harvard California State Polytechnic University, Humboldt (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Escrita creativa e profesional, Prosa, conto, poesía e escritura creativa |
Ocupación | escritor , novelista , prosista , guionista , poeta , mestre |
Período de actividade | 1958 - |
Empregador | Universidade de Syracuse |
Membro de | |
Xénero artístico | Conto |
Profesores | John Gardner (escritor) |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Tess Gallagher (pt) |
Premios
| |
|
Raymond Clevie Carver Jr., nado en Clatskanie (Oregón) o 25 de maio de 1938 e finado en Port Angeles (Washington) o 2 de agosto de 1988, foi un escritor estadounidense encadrado no chamado Realismo sucio.
Carver medrou en Yakima (Washington). O seu pai traballaba nun serradoiro e era alcólico. A súa nai traballaba como camareira e vendedora. Tivo un único irmán chamado James Franklyn Carver, nado en 1939.
Perante algún tempo, Carver estudou baixo a tutela do escritor John Gardner, no Chico State College, en Chico (California). Publicou unha morea de relatos en revistas e xornais, incluíndo o New Yorker e o Esquire nos que falaba da vida dos obreiros e xente das clases desfavorecidas da sociedade norteamericana. As súas historias foron incluídas nalgunhas das máis prestixiosas compilacións estadounidenses: Best American Short Stories e o Premio O. Henry de relatos curtos.
Carver estivo casado dúas veces. A súa segunda dona foi a poeta Tess Galagher. Alcólico perante a meirande parte da súa vida, Carver reflictiu nos seus relatos os efectos desta dependencia, especialmente nos seus personaxes protagonistas. Era un grande amigo de Tobias Wolff e de Richard Ford, escritores pertencentes tamén ó realismo sucio.
En 1988 foi investido pola Academia Americana das Artes e das Letras.
Os críticos asocian os escritos de Carver ó minimalismo e considérano como o pai do realismo sucio. Na época da súa morte, Carver estaba considerado un escritor de moda, unha icona que América "non podería darse o luxo de perder", segundo Richard Gottlieb, daquela director da revista New Yorker. Sen dúbida era o seu mellor contador, se cadra o mellor do século xunto con Antón Chéjov, en palabras do escritor chileno Roberto Bolaño. Ó fío desta idea hai que destacar un soberbio conto adicado ós derradeiros días do referido escritor ruso de nome Tres Rosas Amarelas. En 2008 abriu en Madrid a primeira libraría especializada en relatos curtos de España e os seus donos a chamaron "Tres Rosas Amarelas" en honra a este autor.
O seu editor en Esquire, Gordon Lish, exerceu un papel decisivo en concibir o estilo da prosa de Carver. Por exemplo, onde Gardner recomendaba a Carver usas 15 palabras no lugar de 25, Lish instábao a usar 5 no lugar de 15. Perante ese tempo, Carver tamén enviou a súa poesía a James Dickey, daquela editor de poesía da revista Esquire.
Carver morreu de cancro de pulmón con 50 anos de idade.