رام الله (ar) רמאללה (he) | |||||||||
Localización | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
Territorio ocupado | Cisxordania | ||||||||
Gobernacións | Gobernación de Ramala e Al Bireh | ||||||||
Capital de | |||||||||
Poboación | |||||||||
Poboación | 38.998 (2017) (2.392,52 hab./km²) | ||||||||
Xeografía | |||||||||
Superficie | 16,3 km² | ||||||||
Altitude | 900 m | ||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||
Datos históricos | |||||||||
Creación | século XVI | ||||||||
Evento clave
| |||||||||
Organización política | |||||||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2019–) | ||||||||
Identificador descritivo | |||||||||
Fuso horario | |||||||||
Outro | |||||||||
Irmandado con | |||||||||
Páxina web | ramallah.ps |
Ramala[1][2] (en árabe: رام الله, "Rāmallāh" (axuda · info); componse de “Ram,” unha palabra aramea, que significa “lugar alto ou montaña” e “Allah”, palabra árabe para Deus: literalmente significa "Altura de Deus")[3] é unha cidade palestina no centro de Cisxordania, a 10 quilómetros ao norte de Xerusalén, xunto a Al-Bira. Actualmente é a capital da Autoridade Nacional Palestina. Cunha poboación dunhas 300.000 persoas, incluíndo a poboación veciña de Al-Bira, Ramala foi tradicionalmente unha cidade cristiá, pero hoxe en día a maioría da poboación é musulmá, os cristiáns son unha importante minoría.
Este lugar goza dun clima mediterráneo, cun verán seco e un inverno suave e chuvioso, con neves ocasionais. A media de precipitacións de Ramala é de 694 mm (precipitacións mínimas de 307 mm e máximas de 1591 mm).[4]
Ramala é a capital da Autoridade Nacional Palestina e é a sede das ONG máis importantes e das embaixadas. Os centos de millóns de dólares de axuda internacional que flúen na cidade impulsaron a economía de Ramala, especialmente tralo fin da Segunda Intifada.[5]
En novembro de 2009, Tony Blair dixo ao New York Times que "hai máis esperanza para os palestinos do que moitos creen." [6]
O boom da construción en Ramala é un dos signos máis evidentes do crecemento económico de Cisxordania, estimado nunha taxa anual dun 8%. Isto atribuíuselle á relativa estabilidade e ás doazóns occidentais á Autoridade Nacional Palestina. A crecente economía de Ramala atrae a palestinos doutras partes de Cisxordania onde hai menos emprego. O casco urbano quintiplicouse dende o 2002.[7]
No ano 2010 Ramala converteuse no principal centro económico e político dos territorios baixo o control da Autoridade Nacional Palestina. Co boom da construción nos primeiros anos do século XXI construíronse apartamentos e hoteis de cinco estrelas, especialmente no barrio de Al-Masyoun. En 2010, "máis de cen empresas" palestinas trasladáronse a Ramala dende Xerusalén Leste, xa que “Aquí pagan menos impostos e teñen máis clientes.
ASAL technologies, unha compañía informática en Ramala, ten 120 empregados e está á espera dun "crecemento exponencial." [8]
Ramala está considerada a cidade palestina máis próspera e cultural, así como a máis liberal,[9][10] e é o fogar dunha serie de populares activistas palestinos, poetas, artistas e músicos. Ten unha animada vida nocturna, con moitos restaurantes, bares e discotecas.
Ten o único centro cultural de palestina, con salas de conferencias, de exposición ou cines. Organizouse aquí o primeiro festival de cine en Ramala, en 2004
A vestimente palestina está influenciada polos diversos imperios que estiveron na zona, como Antigo Exipto, Antiga Roma, Imperio Bizantino, e Ayubí entre outros, encontráronse documentos na arte e na literatura con descricións dos traxes producidos na época.
Ata 1940, as roupas tradicionais palestinas reflectían a situación económica e civil da muller e do seu lugar de orixe, segundo a tea, a cor ou os bordados.[11]
Ramalah está irmandada con:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ramala |