Ralph Richardson
Nome completoRalph David Richardson
Nacemento19 de decembro de 1902
LugarCheltenham
Falecemento10 de outubro de 1983
LugarLondres
CausaIctus
Soterradocemiterio de Highgate
NacionalidadeReino Unido
PaiArthur Richardson
NaiLydia Russell
Cónxuxe(s)Meriel Forbes e Muriel Hewitt
FillosCharles Richardson
Profesiónactor de teatro, actor de cinema, actor de televisión e director de cinema
Na rede
IMDB: nm0724732 Allocine: 3783 Rottentomatoes: celebrity/ralph_richardson Allmovie: p60087 TCM: 161392 TV.com: people/ralph-richardson IBDB: 68615
Musicbrainz: 6b828554-25ad-4913-bf6f-4199c693a6d0 Discogs: 667120 WikiTree: Richardson-15054 Find a Grave: 1449 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ralph David Richardson, nado en Cheltenham (Inglaterra) o 19 de decembro de 1902 e finado en Londres o 10 de outubro de 1983, foi un actor británico.

Traxectoria

Richardson, fillo dun profesor de arte, comezou a súa carreira artística como pintor, que seguiu a apreciar toda a súa vida.[1] Antes de dedicarse aos escenarios traballou como xornalista.[2] A súa traxectoria comezou en 1920[3] co grupo St. Nicholas Players[4] e o seu primeiro papel destacado foi como Lorenzo nunha representación de O mercader de Venecia.[5]

Na década de 1930 interpretou filmes e pezas teatrais que lle deron fama e foi nomeado cabaleiro polo rei en 1947.[6] Transformouse nunha das figuras máis aclamadas do teatro británico. Traballou en case duascentas obras e en máis de cen filmes, entre eles clásicos como Anna Karenina,[7] Exodus, Doutor Zhivago e Khartoum.[8]

Na 57ª edición dos Óscar recibiu unha candidatura póstuma como mellor actor secundario pola súa interpretación do conde de Greystoke no filme Greystoke: a lenda de Tarzán, o rei dos monos.[9]

Entre as súas interpretacións teatrais máis salientables poden mencionarse Peer Gynt,[10] Falstaff, John Gabriel Borkman[11] e Hirst en No Man's Land de Harold Pinter, que creou o papel especificamente para Richardson.[12]

Filmografía

Notas

  1. "Richardson, Sir Ralph David", Who Was Who, online edition, Oxford University Press, decembro de 2012, consultado o 30 de xaneiro de 2014
  2. O'Connor, p. 29
  3. O'Connor, p. 31
  4. Hobson, p. 15
  5. Lista de papeis en Tanitch, pp. 122–125; e Miller, pp. 357–366
  6. O'Connor, p. 141
  7. Miller, p. 118
  8. Miller, p. 200
  9. "Ralph Richardson", British Film Institute, consultado o 18 de xaneiro de 2014
  10. Gaye, pp. 1030 and 1118
  11. Billington (2002), p. 68
  12. Billington (2007), p. 228

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas