Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de setembro de 1953 (70 anos) París, Francia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia Alxeria |
Actividade | |
Campo de traballo | Produción de cinema e produción audiovisual |
Lugar de traballo | Francia |
Ocupación | director de cinema , guionista , produtor de cinema , realizador |
Lingua | Lingua francesa |
Premios
| |
Rachid Bouchareb (en árabe: رشيد بوشارب), nado en París o 1 de setembro de 1953, é un director e produtor de cinema francés de orixe alxeriana. Acadou certa sona internacional a raíz do seu filme London River (2009).
Entre 1977 e 1983, traballou como axudante de dirección para a compañía de produción da televisión estatal francesa, Société française de production (S. F. P). Posteriormente, traballou para as emisoras TF1 e Antenne 2. Formou unha produtora chamada 3B co seu socio Jean Bréhat en 1988.
Bouchareb comezou a dirixir curtametraxes na década de 1980. O seu debut na longametraxe chegou en 1985 con Bâton Rouge. Dende ese momento os seus filmes máis aclamados inclúen Poussières de vie, candidato ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa en 1995,[1] Little Senegal en 2001 e Two Men in Town en 2014, estreados no Festival de Cinema de Berlín,[2] e Indigènes, que recibiu unha candidatura ao Óscar e premios no Festival de Cannes.[3]
O seu filme Hors-la-loi, competiu pola Palma de Ouro en Cannes,[4] foi a proposta alxeriana ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa na 83ª edición dos Óscar[5] e finalmente foi unha das cinco candidatas.[6][7]