A quimioterapia antimicrobiana é a aplicación clínica de axentes antimicrobianos para tratar enfermidades infecciosas. Hai tres tipos de quimioterapia antimicrobiana segundo o tipo de microbio que se quere combater:

A quimioterapia antimicrobiana non debe confundirse coa quimioterapia contra o cancro ou oncolóxica. A palabra quimioterapia orixinalmente significaba o uso de axentes químicos para tratar enfermidades. Os quimioterápicos actúan no interior do corpo, polo que a súa toxicidade debe ser limitada.

Tipos de axentes quimioterápicos

Poden clasificarse segundo a súa estrutura e modo de acción e agrúpanse en dúas grandes categorías: quimioterápicos sintéticos e antibióticos.[1]

Os quimioterápicos sintéticos poden ser dos seguintes tipos:

Os antibióticos son compostos químicos naturais producidos por microorganismos co obxectivo de matar a outros microorganismos. A diferenza dos quimioterápicos sintéticos, que son compostos artificiais, son produto do metabolismo microbiano normal, aínda que na fabricación dalgúns deles se fan modificacións químicas adicionais. Alteran a parede celular bacteriana (vancomicina, penicilina), a membrana plasmática (polimixinas), a síntese de proteínas (macrólidos, tetraciclinas) ou a síntese de ácidos nucleicos (rifampicina).

Artigo principal: Antibiótico.

Historia

Paul Ehrlich considérase o fundador da quimioterapia antimicrobiana. Desenvolveu o concepto de toxicidade selectiva: un composto que actúa selectivamente contra un microorganismo pero non afecta de forma importante ao hóspede. Desscubriu en 1909 o primeiro quimioterápico, que era un composto que actuaba contra a espiroqueta causante da sífilis chamado arsfenamina (Salvarsan); tratábase dun composto sintético con arsénico (non era un composto natural, os cales son a definición orixinal e máis estrita de antibiótico).[2]

Outro avance realizouse na década de 1930 cando Gerard Domag descubriu as sulfonamidas. A primeira foi a sulfanilamida, que é un análogo estrutural e bloqueador do ácido p-aminobenzoico bacteriano, precursor do coencima ácido fólico.

Outro gran grupo de quimioterápicos son os antibióticos. O primeiro descubriuno en 1929 Alexander Fleming e foi a penicilina, que era un produto metabólico microbiano natural. O seguinte antibiótico que se descubriu foi a estreptomicina, e despois descubríronse moitos máis.[3]

Notas

  1. M. T. Madigan, J. M. Martinko, J. Parker. Brock. Biología de los Microorganismos. Pearson-Prentice Hall. 10ª edición. Páxinas 701-705. ISBN 84-205-3679-2.
  2. Stefan H.E. Kaufmann, "Paul Ehrlich: founder of chemotherapy." Nature Reviews Drug Discovery 7, 373 (May 2008). doi 10.1038/nrd2582
  3. Stanier, Douorof, Adelberg. Microbiología. Aguilar. Páxinas 896-898. ISBN 84-03-20256-3.