Quen a ferro mata | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Quien a hierro mata |
Director | Paco Plaza |
Produtor | Mercedes Gamero Mikel Lejarza Emma Lustres Borja Pena |
Guión | Juan Galiñanes Jorge Guerricaechevarría |
Intérpretes | Luís Tosar Xan Cejudo María Vázquez |
Música | Maika Makovski |
Fotografía | Pablo Rosso |
Estudio | Televisión de Galicia Vaca Films, S.L. Atresmedia Cine Movistar+ Playtime Production |
Estrea | 2019 |
Duración | 107 minutos |
Orixe | Galicia Francia |
Xénero | Drama e suspense |
Recadación | 2.426.829,99 €[1] |
Na rede | |
Quen a ferro mata (en castelán: Quien a hierro mata) é un filme galego-francés de 2019 dirixido por Paco Plaza. Está protagonizado por Luís Tosar e Xan Cejudo. Os créditos do filme están adicados a Xan Cejudo, que faleceu case un ano antes da estrea do filme.[2]
Enric Auquer gañou o Premio Goya ó mellor actor revelación pola súa intepretación no filme. Na 18ª edición dos Premios Mestre Mateo, conseguiu 15 nomeamentos, entre eles o de mellor filme, mellor director, mellor actor, mellor guión ou fotografía.[3]
Estreouse en galego o 1 de abril de 2021 a través da TVG.[4]
Mario traballa como enfermeiro nunha residencia de Galicia, onde é querido por todo o mundo. Un día ingresa na residencia o coñecido narcotraficante Antonio Padín. Mario, comprometido coa súa profesión, faille sentir como na casa. Despois da retirada de Padín, os seus fillos Kike e Toño póñense á fronte do clan familiar.[5]
Foi rodado en localizacións da Coruña, Cambados, Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa.[7]