Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. Mellóreo engadindo referencias que verifiquen as afirmacións contidas no artigo e engada referencias a pé de páxina. As afirmacións que constitúan unha fonte primaria non verificable deben eliminarse. Por favor, non quite esta mensaxe ata que o problema estea solucionado. (Desde maio de 2017.)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.)
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Localización dos pulsos. En letra grosa os máis habituais.
Comprobación do pulso radial.

En medicina, o pulso arterial dunha persoa é a pulsación provocada pola expansión das súas arterias como consecuencia da circulación do sangue bombeado polo corazón. Obtense polo xeral en partes do corpo onde as arterias se atopan máis próximas á pel, como nos pulsos ou o pescozo e mesmo nas tempas.

Medición do pulso

[editar | editar a fonte]

O pulso mídese manualmente cos dedos índice e medio. Cando se palpa a arteria carótide, a femoral ou a braquial tense que ser moi coidadoso, xa que non hai unha superficie sólida como tal para poder detectalo. A técnica consiste en situar os dedos preto dunha arteria e premer suavemente contra unha estrutura interna firme, normalmente un óso, para poder sentir o pulso. Débense usar os 3 dedos, o índice para ocluír a pasaxe do sangue desde proximal, o anular para ocluílo ao lado distal pondo en evidencia co medio que non haxa unha conexión anómala cubito-radial.

Observacións

[editar | editar a fonte]

O pulso non se debe tomar co dedo polgar. As arterias que veñen do antebrazo (radial e cubital) únense e forman o arco palmar; deste arco saen as ramas que van irrigar as falanxes (dedos da man), cada falanxe ten unha arteria a cada lado, pero o dedo polgar só ten unha arteria chamada arteria principal do polgar, a cal lle pasa pola súa liña media. Se se toma o pulso co polgar, pódese confundir o pulso que se quere tomar co propio pulso desta falanxe.

Puntos de pulso comúns

[editar | editar a fonte]

A facilidade para palpar o pulso vén determinada pola presión sanguínea do paciente. Se a súa presión sistólica está por baixo de 90 mmHg o pulso radial non será palpable. Por baixo de 80 mmHg non o será o braquial. Por baixo de 60 mmHg o pulso carótide non será palpable. Dado que a presión sistólica raramente cae tan baixo, a falta de pulso carótide adoita indicar a morte. Con todo, coñécese de casos de pacientes con certas feridas, enfermidades ou outros problemas médicos que estaban conscientes e carecían de pulso palpable.

Frecuencia cardíaca

[editar | editar a fonte]

Podemos dicir que o pulso se define como a onda de sangue creada pola contracción do ventrículo esquerdo do corazón e é útil para estimar a frecuencia cardíaca. A frecuencia cardíaca normal é:

Cando a frecuencia cardíaca se atopa fóra dos rangos normais temos:

O normal é que o tempo entre pulso e pulso sexa relativamente constante, se é irregular constitúe unha arritmia. A característica da secuencia das pulsacións é denominada ritmicidade.

Actividade física e o pulso

[editar | editar a fonte]

Nun individuo o pulso pode variar durante o día, segundo as actividades que se atope realizando. As pulsacións aumentan cando se produce unha actividade física extenuante; isto é porque o corpo demanda un maior consumo de enerxía, e a enerxía prodúcese sobre a base dos alimentos e o osíxeno, o corazón é o que transporta isto a través das pulsacións, e para transportarse a cada célula do corpo polo sangue, é necesario incrementar as pulsacións; pola contra, cando a persoa se atopa en estado de repouso (durmindo), a frecuencia pode diminuír considerablemente por baixo dos límites normais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]