Pregal | |
---|---|
N-555 ao seu paso pola aldea | |
Parroquia | Negros |
Concello | Redondela |
Coordenadas | 42°15′47″N 8°36′51″O / 42.263055555556, -8.6141666666667Coordenadas: 42°15′47″N 8°36′51″O / 42.263055555556, -8.6141666666667 |
Poboación | 276 hab. (2012) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pregal é un lugar da parroquia de Negros, no concello pontevedrés de Redondela, na comarca de Vigo. Segundo o IGE[1], en 2012 tiña 276 habitantes (142 homes e 134 mulleres).
O lugar está atravesado pola estrada N-555, que une Redondela co aeroporto de Peinador. Amais, baixo a aldea discorren dous túneles de ferrocarril: o da liña Redondela-O Porriño e o da liña Redondela-Vigo.
Lugares da parroquia de Negros no concello de Redondela (Pontevedra) | |
---|---|