Coordenadas: 42°52′41″N 8°32′32″O / 42.878055555556, -8.5422222222222

Fachada da Facultade de Xeografía e Historia.

A praza da Universidade é unha pequena praza, de forma triangular, situada na cidade vella de Santiago de Compostela, entre a praza da Fonte Seca e a travesa da Universidade, polo norte, e a praza de Mazarelos polo sur. O seu nome débese a que todo o seu lado leste está ocupado pola fachada de edificio da antiga Universidade central de Santiago, hoxe Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, e a da igrexa da Universidade. Polo lado oeste destaca o edificio ocupado polo Instituto da Lingua Galega.

Edificios

[editar | editar a fonte]
Sala da Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia, antiga Biblioteca Xeral.
Durante a primeira metade do século XX o edificio acollía a Facultade de Dereito (na planta baixa), a de Filosofía e Letras (sección de Historia) na primeira planta (onde está tamén o Paraninfo) e a de Ciencias (sección de Químicas) na terceira (cuxos laboratorios estaban no faiado). Nun edificio anexo encontrábase a Biblioteca Xeral e a Biblioteca América.
Na segunda metade dese século, coas novas construcións no Campus Sur, o antigo edificio central converteuse na actual Facultade de Xeografía e Historia.
Casa de López Ferreiro, sede do ILG.
Na parede da igrexa que dá fronte á praza de Mazarelos, aínda se pode contemplar semiborrado un perpiaño decorado coa estrela de David inscrita nun círculo, un símbolo que, con toda probabilidade, procede da decoración do primitivo mosteiro. Non é o único elemento reciclado que se conserva na igrexa, que orixinalmente pertenceu aos xesuítas até a súa expulsión. Na fachada principal do templo hai dúas esculturas flanqueando a porta que tamén sufriron unha curiosa transformación, incluso con elementos alleos ao deseño orixinal. Saíron do taller representando a San Ignacio de Loyola e a San Francisco Xavier, tal e como corresponde a unha igrexa construída para os xesuítas. Pero tras a expulsión da orde decretada por Carlos III, as vestimentas negras repintáronse para convertelas en retratos de San Pedro e San Paulo.[6]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Historia da USC. USC.
  2. Grupo escultórico de Minerva y los geniecillos de las Ciencias en Memorias de Compostela.
  3. Apertura de curso: Misa del Espíritu Santo Arquivado 15 de xuño de 2018 en Wayback Machine.. Universidade de Navarra.
  4. USC. Área de cultura.
  5. Igrexa da Compañía ou da Universidade en santiagoturismo.com
  6. Sillares y esculturas recicladas en la antigua iglesia de la Compañía Arquivado 11 de abril de 2018 en Wayback Machine.. El Correo Gallego, 04/07/2007.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]