Portos do Estado | |
---|---|
Tipo | axencia gobernamental |
Data de fundación | 24 de novembro de 1992 |
Sede | Madrid |
País | España |
Na rede | |
http://www.puertos.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Portos do Estado é un organismo público español, dependente do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, con responsabilidades globais sobre o conxunto do sistema portuario de titularidade estatal.[1] Está encargado da execución da política portuaria do Goberno do Estado e da coordinación e control de eficiencia do sistema portuario, formado por 28 Autoridades Portuarias que administran os 46 portos de interese xeral, dos cales sete están situados en Galiza e son xestionados por cinco autoridades portuarias.[2][3]
O artigo 149 da Constitución Española de 1978, referente ás «Competencias Exclusivas do Estado», no seu punto 20 fai referencia directa á titularidade de portos e aeroportos de interese xeral.[4]
Segundo a CE e o Real Decreto Lexislativo 2/2011, de 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de Portos e da Mariña Mercante, a titularidade dos portos de interese xeral é competencia do Estado.[5] Estes portos inclúen aqueles que realizan actividades comerciais marítimas internacionais, serven a industrias de importancia estratéxica para a economía nacional ou teñen un volume e características de actividade suficientemente relevantes.
A Portos do Estado correspóndenlle as seguintes competencias, baixo a dependencia e supervisión do Ministerio:
O Real Decreto distingue entre os portos de titularidade autonómica (maiormente portos pesqueiros, deportivos e de refuxio), que dependen do goberno da Comunidade Autónoma onde están situados, e os portos de titularidade estatal.
En Galicia, hai seis portos de interese xeral que están baixo a xurisdición de cinco autoridades portuarias:[6]
A actividade portuaria e o transporte marítimo achegan un 20% ao PIB español do sector de transportes. A Lei dota ao sistema portuario de instrumentos para mellorar a súa posición competitiva nun mercado aberto e globalizado, establecendo un réxime de autonomía de xestión das Autoridades Portuarias, que deben exercer a súa actividade con criterios empresariais. Neste marco, os portos de interese xeral responden ao chamado modelo landlord, no que a Autoridade Portuaria provee a infraestrutura e solo portuario e a regula a utilización deste dominio público, mentres que os servizos son prestados maiormente por operadores privados en réxime de autorización ou concesión.[7][8]
A función dos portos desborda o seu tradicional papel como meros puntos de embarque e desembarque de mercadorías e pasaxeiros para converterse en centros nos que se sitúa toda unha serie de actividades que xeran valor engadido á mercadoría, plenamente integrados nas cadeas loxísticas e intermodais.[9][10]
Os portos galegos representan unha fonte de ingresos a través de taxas portuarias e servizos, ademais de ser un nicho significativo de emprego e unha plataforma loxística fundamental para Galiza e os seus produtos. Porén, o sistema recibiu críticas por problemas derivados da burocracia e falta de dinamismo na xestión que afectan á súa competitividade. Por exemplo, o porto de Vigo perde un 6% de tráfico cada ano. Ademais, a riqueza xerada polos portos non reverte proporcionalmente en Galiza, como se observa na diferenza de investimento en comparación con outros portos españois (como o da Baía de Alxeciras e outros).[11]
Hai un debate sobre a posibilidade de transferir a xestión dos portos de interese xeral ao goberno galego, co argumento de que unha xestión máis descentralizada podería mellorar a eficiencia. O Tribunal Constitucional, na súa sentenza 85/1983, indica que o interese xeral é aplicable a todas as Administracións, polo que se considera lóxico transferir estes portos a Galiza. A transferencia podería permitir unha mellor planificación e aproveitamento dos portos para o asentamento de novas empresas e a creación de emprego.[11]
Unha das principais polémicas en relación con Portos do Estado en Galiza xurdiu tras o naufraxio do Prestige en novembro de 2002. Este incidente revelou deficiencias significativas na xestión da crise e na coordinación entre o Goberno central e a Xunta. As críticas centráronse na resposta tardía e ineficaz desde Madrid, afastando o petroleiro da costa sen adoptar medidas suficientes para conter o vertido de fuel. Este desastre destacou a necesidade de mellorar os protocolos de emerxencia e a xestión medioambiental dos portos, esixindo unha maior autonomía e recursos para as autoridades galegas, e un porto refuxio onde transvasar a carga e facer as reparacións precisas. O lugar escollido para foi punta Langosteira, e sería pagado ao 40% pola Unión Europea, o 30% polo Ministerio de Fomento e o restante 30% pola Autoridade Portuaria da Coruña. As obras en punta Lagosteira iniciáronse en 2005, liberando terreos na zona portuaria coruñesa para seren recalificados como uso urbanístico.[12]
Máis recentemente, o vertido de pellets de plástico polo buque Toconao en 2023 reavivou a controversia sobre a xestión de desastres ambientais. A Xunta acusou ao Goberno central de non proporcionar información suficiente nin activar os protocolos de emerxencia de forma adecuada. Pola súa banda, o Goberno central argumentou que a Xunta non solicitou axuda correctamente,[13] o que puxo de manifesto unha vez máis as carencias na coordinación interadministrativa e nas normativas de transporte marítimo, incluíndo as autoridades europeas e internacionais como a OMI.[14][15]
Os portos galegos teñen sido un punto clave para o tráfico de drogas desde a década de 1980, debido á súa localización e alta actividade comercial. As autoridades teñen confiscado alixos de contrabando camuflados en contedores, destacando as limitacións na vixilancia. A xestión portuaria ten recibido críticas pola súa eficacia na detección de drogas, con acusacións de pouca inspección que facilitan "portos cómodos" para actividades ilícitas, e considerando o transporte por estrada "máis arriscado". Tamén foron feitos chamamentos a unha maior coordinación internacional e entre os Portos dos Estados membros da UE.[16][17][18][19]
Sistema ferroviario galego | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Empresas |
| ||||||||||||||||||
Liñas e paradas |
| ||||||||||||||||||
Servizos |