Populares | |
---|---|
Historia | |
Fundación | c. 150 a. C. |
Disolución | 36 a. C. |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | aristocracia, populismo, causa plebea. |
Outros datos | |
Sede | Senado romano, República Romana |
Os Populares foi unha facción de senadores romanos progresistas que se opuñan aos Optimates, os conservadores. Os Populares defenderon unha maior intervención das asembleas populares no goberno da República Romana e a perda paulatina do poder absoluto do Senado romano, usando "o pobo, máis que o senado, como medio".[1] As súas ideas políticas incluían a concesión da cidadanía romana a todas as persoas que vivían baixo o dominio romano e reformas agrarias co fin de acabar cos latifundios improdutivos.