Os pobos austronesios[26] son un grupo de poboación presente en Oceanía e o sueste Asiático que falan, ou cuxos antepasados falaban, algunha das linguas austronesias. Son orixinarios da illa de Taiwán e inclúen ós malaio-polinesios que se expandiron por toda Oceanía, agás Australia, ademais de Madagascar.
Tanto a evidencia lingüística como a evidencia arqueolóxica permite asegurar que os pobos austronesios tiveron a súa orixe na illa de Taiwán tras unha migración de pobos de lingua pre-austronesia dende Asia continental en 10 000-6000 a. C.
A investigación interdisciplinar, con achegas da arqueoloxía, a etnobotánica e a lingüística, permitiu reconstruír as traxectorias de difusión xeográfica das linguas austronesias e de certas técnicas agrícolas. Segundo esta investigación, hai uns 5000 anos (3000 a. C.), os habitantes do litoral da China meridional, cultivadores de paínzo e de arroz, comezaron a cruzar o estreito para instalarse en Taiwán. Cara ao 2000 a. C., ditas linguas e técnicas difundíronse desde Taiwán até Filipinas, e logo dende estas cara ás Célebes e Timor, para, desde alí, estenderse por outras illas do arquipélago de Indonesia. No 1000 a. C., outro movemento de pobos levou a poboacións dende Filipinas a Nova Guinea e máis aló, cara ás illas do Pacífico.
↑About 13.6% of Singaporeans are of Malay descent. In addition to these, many Chinese Singaporeans are also of mixed Austronesian descent. See also "Key Indicators of the Resident Population"(PDF). Singapore Department of Statistics. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 04 de xullo de 2007. Consultado o 25 de abril de 2007.
↑"Brunei". The World Factbook. Central Intelligence Agency. xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2015. Consultado o 10 de abril de 2019.
↑the 2009 Vietnam Population and Housing Census: Completed Results2009 CensusArquivado 14 de novembro de 2012 en Wayback Machine., Hà Nội, 6-2010. Table 5, páxina 134
↑"Kiribati Stats at a Glance". Kiribati National Statistics Office. Ministry of Finance & Economic Development, Government of Kiribati. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2017. Consultado o 17 de xaneiro de 2020.