O plano inclinado, unha das máquinas simples, permite reducir a forza que é necesaria realizar para elevar unha carga.
Imaxinemos que queremos arrastrar o peso P dunha altura 1 ata 2; sendo as posicións 1 e 2 ás que nos referimos as do centro de gravidade do bloque representado na figura.
O peso do bloque, que como sabemos é unha magnitude vectorial (vertical e cara a abaixo), pode descompoñerse nas súas compoñentes H e V', paralela e perpendicular ao plano inclinado respectivamente:
Como ademais, o bloque desprázase pola superficie do plano inclinado, existirá en xeral unha forza de rozamiento FR que tamén deberemos vencer para poder desprazalo. Esta forza é:
Da observación da figura, é inmediato que para conseguir desprazar o bloque, a forza (F) que deberemos realizar, será:
Resulta evidente que se en vez do plano inclinado, tratásemos de levantar o bloque sen máis axuda que os nosos propio músculos, a forza (G) que teriamos que realizar sería simplemente a do peso do bloque debido á actuación da gravidade, é dicir
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Plano inclinado ![]() |