Pioneer 2 / Able 3 | |
---|---|
Pioneer 2 | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA, USAF |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 8 de novembro de 1958, 7:30 GMT[2] |
Foguete portador | Thor-Able[1][3] |
Sitio de lanzamento | Base espacial de Cabo Cañaveral[1][4] |
Obxectivo da misión | Estudo da Lúa.[1][4] |
Decaemento | 8 de novembro de 1958[1] |
NSSDC ID | PION2 |
Masa | 39,5 kg[3] |
Dimensións | 76 cm de altura, 74 cm de diámetro |
Baterías | Níquel-cadmio para a ignición dos foguetes, de prata para a cámara e de mercurio para o resto de sistemas.[1] |
Pioneer 2, denominada tamén como Able 3, foi unha sonda espacial que se intentou lanzar cara a Lúa por parte dos Estados Unidos de América.[1][3][4]
Pioneer 2 foi lanzada o 8 de novembro de 1958 mediante un foguete Thor-Able desde a base espacial de Cabo Cañaveral cara a Lúa, pero a terceira fase do foguete non chegou a acenderse e a sonda acadou unha altura máxima de 1550 km antes de volver a caer á Terra e desintegrarse na atmosfera.[1][3][4]
A orixe da Pioneer 2, xunto coas súas irmás Pioneer 0 e Pioneer 1, está na aprobación en 1958 por parte dos Estados Unidos do primeiro plan para exploración lunar que deu lugar a cinco proxectos da Advanced Research Project Agency: tres xestionados pola USAF e dous polo Exército. O proxecto das Pioner luares foi transferido á NASA moi pouco despois da creación da axencia aeroespacial e a Pioneer 2 foi lanzada cara a Lúa tan só uns días despois da súa fundación.[1][3][4]
A misión orixinal de Pioneer 2 era facer unha viaxe ata a Lúa e unha vez alí frear e entrar en órbita para facer medicións científicas, pero debido a que a terceira etapa do foguete portador non se acendeu acadou tan só 1550 km de altura antes de volver a caer á Terra aos 45 minutos do lanzamento. Durante o curto voo os instrumentos de a bordo realizaron algunhas medicións conseguindo facer un pouco de ciencia útil, descubrindo que na zona ecuatorial da Terra o fluxo de radiación era maior do previamente calculado e que a densidade de micrometeoritos na zona próxima á Terra e maior que no espazo máis afastado.[1][3][4]
A estrutura da nave, de fibra de vidro, tiña forma de dous conos truncados unidos pola base mediante un cilindro baixo, cun conxunto de oito pequenos foguetes e unha antena dipolo nun dos extremos e un foguete de 13,3 kN de impulso no outro extremo, baseado no mísil aire-aire Falcon. Este último foguete tiña como misión frear a sonda ao seu paso pola Lúa para entrar na súa órbita. A nave tiña pintado un patrón de bandas brancas e escuras para como control térmico pasivo e a alimentación eléctrica era proporcionada por un conxunto de baterías de níquel-cadmio para a ignición dos foguetes, de prata para a cámara e de mercurio para o resto de sistemas. As transmisións terían lugar na frecuencia de 108,06 MHz para telemetría e medicións Doppler e a recepción de ordes desde a Terra faríase na frecuencia de 115 MHz. A nave estabilizaríase mediante xiro a 1,8 revolucións por segundo. En total, a sonda tiña unha altura de 76 cm, un diámetro de 72,5 cm e un peso de 39,5 kg.[1][3][4]
A nave contaba coa seguinte instrumentación científica, totalizando 15,6 kg de masa:[1][3][4]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pioneer 2 |
Programa Pioneer | ||
---|---|---|
Primeiras misións | ||
Últimas misións | ||
Misións a Venus |
| |
Outros |
|