Era[1] Período Millóns de anos
Paleozoica Permiano 299,0 ±0,8
Carbonífero Pensilvaniano 318,1 ±1,3
Misisipiano 359,2 ±2,5
Devoniano 416.0 ±2,8
Silúrico 443,7 ±1,5
Ordovícico 488,3 ±1,7
Cámbrico 542,0 ±1,0

O Permiano[2] é un período da escala de tempo xeolóxico, correspondente á era Paleozoica do eón Fanerozoico que comezou hai 299,0 ± 0,8 millóns de anos e acabou hai 251,0 ± 0,4 millóns de anos.[3][4]

Como coa maioría dos períodos xeolóxicos, os estratos que definen o principio e o final do período están ben identificados, pero a data exacta do inicio é incerta por uns poucos millóns de anos. O final do período está marcado por unha grande extinción que está datada con maior exactitude.

O permiano segue ao carbonífero e precede ao triásico, e debe o seu nome aos extensos xacementos na rexión ao redor da cidade de Perm, en Rusia. Os xacementos permianos consisten principalmente en estratos vermellos continentais e exposicións mariñas pouco profundas.

Fósiles permianos.

No Permiano houbo importantes cambios climáticos cunha tendencia xeral de climas tropicais a condicións máis secas e áridas. Produciuse unha contracción dos pantanos. Extinguíronse gran cantidade de fieitos arborescentes (Lycopodiophyta) e anfibios, que requirían condicións húmidas. Os fieitos con semente, os réptiles e os réptiles mamiferoides herdaron a Terra. Os glaciares do carbonífero sobre a rexión polar do sur de Gondwana retrocedeeron durante o Permiano.

Neste período desenvolveuse a oroxenia herciniana, que levou á formación do gran supercontinente chamado Panxea.

Notas

  1. As cores corresponden aos códigos RGB aprobados pola Comisión Internacional de Estratigrafía. Dispoñíbel no sitio da International Commision on Stratigraphy, en «Standard Color Codes for the Geological Time Scale».
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para permiano.
  3. Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy, Status on 2009.
  4. International Stratigraphic Chart, 2008.

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.