A pequena e mediana empresa, coñecida tamén polo acrónimo PEME, é unha empresa con características distintivas, e ten dimensións con certos límites ocupacionais e financeiros prefixados polos estados ou rexións.
Segundo a Recomendación da Comisión Europea da Unión Europea de 6 de maio de 2003, baseándose na Carta da Pequena Empresa emitida no Consello europeo de Santa María da Feira en xuño de 2000, con entrada en vigor o 1 de xaneiro de 2005, é a unidade económica con personalidade xurídica ou física que reúna os seguintes requisitos:[1]
Tipo de empresa | Empregados | Facturación (Millóns de €) |
Total de Balance (Millóns de €) | ||
---|---|---|---|---|---|
Microempresa | |||||
Pequena empresa | |||||
Media empresa |
As pemes son axentes con lóxicas, culturas, intereses e un espírito emprendedor específicos. Usualmente viuse tamén o termo MiPEME (acrónimo de "micro, pequena e mediana empresa"), que é unha expansión do termo orixinal, onde se inclúe á microempresa.
As pequenas e medianas empresas son entidades independentes, cunha alta predominancia no mercado de comercio, quedando practicamente excluídas do mercado industrial polos grandes investimentos necesarios e polas limitacións que impón a lexislación en canto ao volume de negocio e de persoal, os cales se son superados converten, por lei, a unha microempresa nunha pequena empresa, ou unha mediana empresa convértese automaticamente nunha grande empresa. Por todo iso unha peme nunca poderá superar certas vendas anuais ou unha cantidade de persoal.