Pearl Buck, nada en Hillsboro, Virxinia Occidental, o 26 de xuño de 1892 e finada en Danby, Vermont, o 6 de marzo de 1973, foi unha escritoraestadounidense. Pasou a metade da súa vida na China, onde a levaron os seus pais misioneiros con tres meses de idade e onde viviu uns corenta anos. É coñecida polo apelido dun dos seus maridos xa que o seu apelido de solteira era Sydenstricker.
Traxectoria
O seu bilingüismo fíxolle sentir de forma especialmente profunda o tema oriente-occidente que quedou reflectido en gran parte nas súas obras ademais de tratar desde un principio cuestións feministas que logo marcarían a súa vida con labores en consonancia coas súas ideas, a publicación da revista Asia e culminando coa fundación que leva o seu nome.
Foi unha escritora moi pródiga - ten ao seu haber unhas setenta obras - é especialmente sensible na súa aproximación aos temas, como se pode observar no seu primeiro libro publicado en 1930East wind, West wind.
En 1937 levouse A boa terra ao cine, conseguiu dous premios da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas dos Ánxeles (Oscar, California. Os galardóns obtidos foron: mellor actriz e mellor fotografía.