Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de novembro de 1957 (66 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , músico |
Pseudónimo literario | Paulino Pereiro |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Cónxuxe | Luísa Villalta (1978–1998), divorcio |
Paulino Martínez Pereiro, nado na Coruña o 2 de novembro de 1957, é un escritor, músico e profesor galego.
Titulado en frauta traveseira polo Conservatorio de Santiago de Compostela, é compositor de música de cámara e sinfónica, teatral e cinematográfica e membro fundador da Asociación Galega de Compositores. Compuxo a banda sonora do filme Novo de Parmuíde (1987) de Roberto Vidal Bolaño. Exerceu a docencia no IES Fernando Esquio de Neda, e reside entre Ferrol e Vilalba.
Casou con Luísa Villalta o 19 de abril de 1978, e divorciáronse en 1998.[2]