Paul Muni
Muni no papel de Zola
Nome completoFrederich Meshilem Meier Weisenfreund
Nacemento22 de setembro de 1895
LugarLemberg, hoxe Lviv
Falecemento25 de agosto de 1967
LugarMontecito, California
Causadoenza cardiovascular
SoterradoHollywood Forever Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Cónxuxe(s)Bella Finkel (1921-1967)
ProfesiónActor
Na rede
IMDB: nm0612847 Allocine: 1037 Rottentomatoes: celebrity/paul_muni Allmovie: p51322 TCM: 137331 TV.com: people/paul-muni IBDB: 54052
WikiTree: Weisenfreund-1 Find a Grave: 750 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Frederich Meshilem Meier Weisenfreund, coñecido como Paul Muni, nado en Lviv o 22 de setembro de 1895 e finado en Montecito, California o 25 de agosto de 1967 foi un actor estadounidense.

Traxectoria

Nado na rexión austrohúngara de Galicia, hoxe en Ucraína, emigrou coa súa familia aos Estados Unidos de América en 1902, establecéndose en Chicago.

Comezou a súa carreira de actor no teatro yiddish de Chicago xunto cos seus pais. Tras ser citado en 1925 nun artigo do New York Times destacando as súas interpretacións, ao anos seguinte debutou en Broadway, na obra We Americans, na que por primeira vez actuou en inglés.

En 1929 foi contratado pola Fox, iniciando a súa carreira cinematográfica. Trala súa segunda candidatura ao Oscar, por I Am a Fugitive from a Chain Gang asinou un contrato coa Warner Bros..

En 1936 gañou o Oscar ao mellor actor por The Story of Louis Pasteur, o primeiro dos seus filmes biográficos. Porén, continuou actuando no teatro, obtendo grandes éxitos.

Aos 59 anos diagnosticáronlle un tumor no ollo esquerdo, que lle foi extraído. Pouco despois volveu á obra que estaba a protagonizar, Inherit the Wind. Retirouse do cine en 1959 por mor dos seus problemas de saúde, mais seguiu actuando na televisión ata 1962.

Filmografía

Ano Filme
1929 The Valiant
Seven Faces
1932 Scarface
I Am a Fugitive from a Chain Gang
1933 The World Changes
1934 Hi, Nellie!
1935 Bordertown
Black Fury
Dr. Socrates
1936 The Story of Louis Pasteur
1937 The Good Earth
The Woman I Love
The Life of Emile Zola
1939 Juarez
We Are Not Alone
1941 Hudson's Bay
1942 Commandos Strike at Dawn
1943 Stage Door Canteen
1945 A Song to Remember
Counter-Attack
1946 Angel on My Shoulder
1952 Imbarco a mezzanotte
1959 The Last Angry Man

Véxase tamén

Ligazóns externas