O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Francia, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Francia aceptou o Convención sobre a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural o 27 de xuño de 1975, tras o cal podería propoñer bens no seu territorio para ser considerados para a Lista do Patrimonio da Humanidade.[3]
En setembro de 2023, Francia tiña 52 propiedades rexistradas,[4] 2 das cales están situadas fóra de continente europeo como están en Nova Caledonia , que é territorio dependente, e en Reunión, departamento de ultramar. Deles:
Ademais, 4 destes bens son compartidos con outros países: un con Bélxica, outro con España e outros dous nunha denominación multinacional.
Algúns sitios ocupan varias localizacións, como as 108 características distintas da “Conca mineira de Norte-Paso de Calais”, determinados lugares poden ser obxecto dunha inscrición en varios sitios (a basílica de Vézelay, por exemplo, está rexistrada no lugar da “basílica e outeiro de Vézelay” e no lugar de “Camiños de Santiago de Compostela en Francia.” En total, Francia conta con 319 sitios catalogados como Patrimonio da Humanidade.
En 2021, o país tamén inscribiu 33 propiedades na súa lista provisional:[5] 20 cultural, 6 naturais e 7 mixtas. Aquí, de novo, estes activos poden afectar a varias localizacións diferentes, o que leva a preto de 150 localizacións listadas.
Ademais, Francia tamén declarou 15 bens intanxibles, entre os que se atopan a súa gastronomía ou cetrería, que se comparte con outras 17 países.
Os nomes das táboas seguintes son os nomes dos inmobles que se usan no sitio web da UNESCO.[4] Existen tres tipos diferentes de propiedades posibles: culturais, naturais e mixtos.[6] Criterios de selección I, II, III, IV, V e VI son os criterios culturais e os criterios de selección VII, VIII, IX e X son os criterios naturais.[7] As datas dos bens na Lista do Patrimonio Mundial son as datas de inscrición, as datas para a lista provisional son as de presentación. Os números son os números de referencia utilizados pola UNESCO e enlazan directamente coas páxinas de descrición dos inmobles no sitio web da UNESCO.[4]
Ref # | Sitio | Imaxe | Rexión | Época | Tipo | Ano inscipción | Extensión | Descrición |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
230 | Igrexa abadía de Saint-Savin-sur-Gartempe | Nova Aquitania | Século IX | cultural | 1983 | 2007 | ||
165 | Cisterciense Abadía de Fontenay | Borgoña-Franco Condado | Século XII | cultural | 1981 | 2007 | ||
164 | Monumentos romanos e románicos de Arles | Provenza-Alpes-Costa Azul | dende o século I a.C. ata o século IV; século XII | cultural | 1981 | - | ||
84 | Vézelay, Igrexa e Outeiro | Borgoña-Franco Condado | século XII | cultural | 1979 | 2007 | ||
943 | Campanarios municipais de Bélxica e Francia | Hauts-de-France | Século XIII-século XX | cultural | 1999 | 2005 | Sitio transfronteirizo, compartido con Bélxica; extensión da antiga Espandanes de Flandres e Valonia | |
1256 | Bordeos, Porto da Lúa | Nova Aquitania | Século XVIII | cultural | 2007 | - | ||
770 | Canle do Midi | Occitania | Século XVII | cultural | 1996 | - | ||
162 | Catedral de Amiens | Hauts-de-France | Século XIII | cultural | 1981 | - | ||
635 | Catedral de Bourges | Centro-Val de Loira | Século XIII | cultural | 1992 | - | ||
81 | Catedral de Chartres | Centro-Val de Loira | Século XIII | cultural | 1979 | - | ||
601 | Catedral de Notre-Dame, Antiga abadía de Saint-Remi e Palacio de Tau, Reims | Gran Leste | Século XIII-XVI | cultural | 1991 | - | ||
1153 | As Causses e as Cévennes, Paisaxe cultural agropastoral mediterránea | Occitania | cultural | 2011 | - | |||
228 | Centro histórico de Aviñón: Palacio Papal, Conxunto Episcopal e Ponte de Aviñón | Provenza-Alpes-Costa Azul | Séculos XII-XVI | cultural | 1995 | - | Palais des Papes, conxunto episcopal e Pont Saint-Bénezet | |
868 | Rutas de Santiago de Compostela en Francia | Lugares diversos (dereito de paso e ruta) | cultural | 1998 | - | |||
1337 | Cidade Episcopal de Albi | Occitania | cultural | 2010 | - | |||
203 | Das Grandes Salinas de Salins-les-Bains ata a Salina Real de Arc-et-Senans, a produción de sal en tixolas de evaporación | Borgoña-Franco Condado | Século XVIII | cultural | 1982 | 2009 | ||
1283 | Fortificacións de Vauban | Diversos | Século XVII | cultural | 2008 | - | ||
932 | Xurisdición de Saint-Émilion | Nova Aquitania | cultural | 1999 | - | |||
1181 | Le Havre, a cidade reconstruída por Auguste Perret | Normandía | Século XX | cultural | 2005 | - | Construído entre 1945 e 1964 polo Atelier de Reconstruction du Havre d'Auguste Perret | |
80 | Mont Saint-Michel e a súa baía | Normandía | cultural | 1979 | 2007 | |||
160 | Palacio e parque de Fontainebleau | Illa de Francia | cultural | 1981 | - | |||
83 | Palacio e parque de Versalles | Illa de Francia | cultural | 1979 | 2007 | |||
600 | París, Ribeiras do Sena | Illa de Francia | cultural | 1991 | - | |||
229 | Praza Stanislas, Place de la Carrière, e Place d'Alliance en Nancy | Gran Leste | Século XVIII | cultural | 1983 | - | ||
334 | Pont du Gard (Acueduto Romano) | Occitania | Século I d.C | cultural | 1985 | 2007 | ||
873 | Provins, Cidade de Feiras Medievais | Illa de Francia | cultural | 2001 | - | |||
872 | Sitio histórico de Lión | Auvernia-Ródano-Alpes | cultural | 1998 | - | |||
1363 | Sitios palafíticos prehistóricos dos Alpes | Borgoña-Franco Condado, Auvernia-Ródano-Alpes | 5000–500 a.C. | cultural | 2011 | - | Unha serie de asentamentos prehistóricos sobre pilotes (ou palafitos) nos Alpes e arredores. propiedade transfronteiriza, compartida con Austria, Alemaña, Italia, Eslovenia e Suíza, 11 dos 111 sitios totais están en Francia.[35] | |
85 | Sitios prehistóricos e covas decoradas do val do Vézère | Nova Aquitania | cultural | 1979 | - | |||
495 | Estrasburgo – Desde a Grande Île ata Neustadt | Gran Leste | cultural | 1988 | 2017 | |||
163 | Teatro romano de Orange, a súa contorna e o "Arco do Triunfo" | Provenza-Alpes-Costa Azul | cultural | 1981 | 2007 | |||
933 | O Val do Loira entre Sully-sur-Loire e Chalonnes | Centro-Val de Loira, Países do Loira | cultural | 2000 | - | Unha paisaxe cultural destacada de gran beleza, que contén cidades e aldeas históricas, grandes monumentos arquitectónicos (os castelos) e terras cultivadas formadas por moitos séculos de interacción entre a súa poboación e o medio físico, principalmente o propio río Loira. | ||
345 | Cidade Histórica Fortificada de Carcasona | Occitania | cultural | 1997 | - | |||
258 | Golfo de Porto: Calanches de Piana, Golfo de Girolata, Reserva de Scandola | Corsica | N/A | natural | 1983 | - | ||
1115 | Lagoas de Nova Caledonia: diversidade de arrecifes e ecosistemas asociados | Nova Caledonia | N/A | natural | 2008 | - | Diversidade de ecosistemas na barreira de coral de Nova Caledonia | |
1317 | Os pitóns, circos e escarpas da Illa da Reunión. | Réunion | N/A | natural | 2010 | - | ||
773 | Pireneos – Monte Perdido | Occitania | N/A | mixto | 1997 | 1999 | Propiedade transfronteiriza, compartida con España | |
1360 | Conca mineira de Norte-Paso de Calais | Hauts-de-France | Séculos XVIII ao XX | cultural | 2012 | - | Paisaxe notable modelada por tres séculos de extracción de carbón. | |
1426 | Cova decorada de Pont d'Arc, coñecida como Grotte Chauvet-Pont d'Arc, Ardèche | Auvernia-Ródano-Alpes | 30,000–28,000 BCE | cultural | 2014 | - | Os debuxos figurativos máis antigos e mellor conservados do mundo. | |
1425 | Climats, terroirs de Borgoña | Borgoña-Franco Condado | idade Media–presente | cultural | 2015 | - | Un exemplo destacado do cultivo da uva e da produción de viño desenvolvido dende a Alta Idade Media. | |
1465 | Ladeiras, casas e adegas de Champaña | Gran Leste | Século XVII–presente | cultural | 2015 | - | Lugares onde se desenvolveu o método de elaboración de viños espumosos. | |
1321 | A obra arquitectónica de Le Corbusier, unha contribución destacada ao movemento moderno | Nova Aquitania, Borgoña-Franco Condado, Illa de Francia, Gran Leste, Provenza-Alpes-Costa Azul, Auvernia-Ródano-Alpes | Século XX | cultural | 2016 | - | Testemuño da invención dunha nova linguaxe arquitectónica. Unha propiedade en serie transnacional compartida coa Arxentina, Bélxica, Alemaña, India, Xapón e Suíza. | |
1528 | Taputapuātea | Polinesia francesa | Século X | cultural | 2017 | Un centro político, cerimonial e funerario polinesio. | ||
1434 | Chaine des Puys – area tectónica de falla de Limagne | Auvernia-Ródano-Alpes | natural | 2018 | Un sitio xeoloxicamente importante que ilustra o proceso de rifting continental. | |||
1603 | Terras Austrais e Antárticas Francesas | Terras Austrais e Antárticas Francesas | natural | 2019 | As illas remotas do Océano Austral albergan flora e fauna únicas, incluíndo unha porción enteira da Antártida, que o converten no maior Patrimonio da Humanidade. | |||
1613 | Grandes Balnearios de Europa | Auvernia-Ródano-Alpes | cultural | 2021 | Un sitio transnacional de 11 cidades de sete países europeos que se desenvolveron arredor de fontes de augas minerais naturais e dan testemuño da cultura termal europea internacional. A cidade balneario de Vichy representa este sitio en Francia. | |||
1625 | Faro de Cordouan | Nova Aquitania | cultural | 2021 | O Faro de Cordouan encarna as grandes etapas da historia arquitectónica e tecnolóxica dos faros. | |||
1635 | Niza, cidade turística de inverno da Riviera | Provenza-Alpes-Costa Azul | cultural | 2021 | Niza é testemuña da evolución da estación invernal debido ao clima suave da cidade e á súa situación á beira do mar ao pé dos Alpes. | |||
1133 | Faiais primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa | Sitios diversos | natural | 2021 (extensión a sitios en Francia) | Este sitio transnacional representa un exemplo destacado de bosques temperados complexos e relativamente inalterados e presenta un amplo espectro de patróns ecolóxicos completos e procesos de masas puras e mixtas de faia europea en diversas condicións ambientais. | |||
1567rev | Lugares funerarios e de memoria da primeira guerra mundial (fronte occidental) | Hauts-de-France, Grand Est, Île-de-France | Século XX | cultural | 2023 |
O sitio transnacional compartido con Bélxica incorpora 139 cemiterios e monumentos na fronte occidental da primeira guerra mundial.[56] | ||
1569 | Maison Carrée | Occitania | Século I | cultural | 2023 |
Un antigo templo romano en Nimes, no sur de Francia; un dos templos romanos mellor conservados que sobreviviron no territorio do antigo Imperio Romano.[57] | ||
1569 | Volcáns e bosques do Monte Pelée e dos Pitons do norte de Martinica | Martinica | natural | 2023 |
Área volcánica de importancia global para a vulcanoloxía, e fogar dunha serie de especies endémicas.[58] |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrimonio da Humanidade en Francia |
A Galipedia ten un portal sobre: Francia |
Países con Patrimonio da Humanidade | |
---|---|
África | |
América | |
Asia | |
Europa | |
Oceanía |