Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2014.)
Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC)
Partido político de Cataluña
Asociado do PSOE en Cataluña
Dirixentes e organización
LíderSalvador Illa
PresidenteNúria Marín
MocidadesJoventut Socialista de Catalunya
Filiación internacionalInternacional Socialista e do Partido dos Socialistas Europeos
Historia
Fundación16 de xullo de 1978
Posicións políticas
IdeoloxíaCatalanismo
Socialdemocracia
Federalismo
Representación
Concelleiros en Cataluña
1.315 / 9.077
Parlamento de Cataluña
33 / 135
Concello de Barcelona
8 / 41
Congreso dos Deputados
12 / 48
Senado de España
3 / 266
Parlamento Europeo
1 / 59
Outros datos
SedePallars, 191
08005 Barcelona
PublicaciónEndavant Digital
Na rede
www.socialistes.cat
Facebook: PSC Twitter: socialistes_cat Instagram: socialistes_cat Telegram: canalPSC Flickr: 46867958@N05 BNE: XX132328 Editar o valor em Wikidata

O Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) é un partido socialdemócrata catalán creado o 16 de xullo de 1978 coa fusión do Partit Socialista de Catalunya-Congrés, o Partit Socialista de Catalunya-Reagrupament e a federación catalá do PSOE. O PSC está asociado ó PSOE co que comparte grupo parlamentario no Congreso dos Deputados.

Nas eleccións municipais de 1979 consolídase como a segunda forza de Cataluña. Nas eleccións autonómicas de 1980 presentou como candidato á Generalitat a Joan Reventós que non puido evitar o triunfo do candidato converxente Jordi Pujol. En 1999 consegue ser a forza máis votada nas eleccións autonómicas pero con menos escanos que Convergència i Unió. Tras as eleccións autonómicas de 2003 o candidato do PSC, Pasqual Maragall vai gobernar co apoio de ERC e de ICV-EUiA.