Pardal mouro | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pardal mouro (Passer hispaniolensis) | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Passer hispaniolensis (Temminck, 1820) |
O pardal mouro ou pardal español (Passer hispaniolensis) é unha especie de ave paseriforme da familia dos paséridos (Passeridae).
A especie é autóctona da Península Ibérica, e tamén se pode encontrar no Magreb, Sicilia, Sardeña, Grecia e boa parte de Asia.
O seu aspecto é moi similar ao do pardal común, especie coa que está moi relacionado.
Mide de 15 a 16 cm de longo e pesa de 22 a 36 g. É lixeiramente maior e máis pesado que o pardal común, e o seu bico tamén é máis longo e robusto. Pero as femias e os individuos novos das dúas especies son practicamente indistinguíbeis; unicamente os machos adultos se poden distinguir a pesar de seren moi semellantes. O machos teñen o píleo marrón (non gris), as meixelas brancas (non gris pálido), o dorso máis negro e as partes inferiores con manchas negras máis extensas.[1]
O pardal mouro ten unha ampla e moi complicada distribución pola rexión mediterránea (África setentrional, gran parte da Península Ibérica —centro, sur e leste—, Sardeña, Sicilia, Malta e os Balcáns, as illas de Cabo Verde, Canarias e Madeira e a través de Asia suroccidental e central, desde Turquía até o occidente da China.[2]
Falta, porén, dalgunhas zonas da rexión mediterránea, en particular Italia e Córsega, onde o substitúe o pardal italiano (Paser italiae), que é unha especie intermedia (pode ser un híbrido) entre o pardal común e o mouro. Tamén hibridan frecuentemente en África do norte (nordeste de Alxeria, Tunisia e noroeste de Libia), formando unha poboación mixta moi variábel que vai desde paxaros de aspecto idéntico ao pardal común, pasando por todos os aspectos intermedios.
Nos últimos 200 anos a especie ampliou considerabelmente a súa área de distribución, en parte por colonización natural, como nos Balcáns (Bulgaria, Romanía, Serbia e Moldavia, colonizades despois de 1950), e en parte por intervención humana accidental, como a chegada a Canarias (a comezos do século XIX) e a Cabo Verde (1832) a bordo de barcos. Madeira foi colonizada en maio de 1935 despois dun període de fortes ventos de levante que arrastraron algúns paxaros.
Na parte occidental da súa área de distribución son principalmente sedentarios, pero as poboacións orientais son máis migratorias; desde os Balcáns e Turquía migran cara ao nordeste de África e á península Arábiga.
Nalgunhas zonas é un paxaro urbano, en particular onde falta o pardal común, como nas illas Canarias, Madeira e Malta, pero máis frecuentemente viven en árbores próximas a ríos ou outras zonas húmidas; en terras de cultivo, viven preto dos edificios.
As femias poñen de tres a oito ovos, que incuban ambos os membros da parella durante 12 días. Os pitos abandonan o niño aos 14 días.
Como outros pardais, aliméntanse basicamente de sementes.[3]
Os pardais mouros son moi gregarios, e adoito fan os niños moi proximos entre eles, ou mesmo comparten grandes niños múltiples, aínda que cada parella ten a súa cavidade e a súa entrada. Algunhas colonias de cría encóntranse na base de grandes niños de aves como a cegoña branca. As colonias poden contar desde unhas poucas parellas até a máis de mil.[4]
Passer hipaniolensis ten dúas subespecies:
A poboación europea do pardal mouro comprende entre 2 800 000 e 6 200 000 parellas ou de 8 400 000 a 18 600 000 individuos. Á parte da poboación europea, a poboación global estímase entre os 17 e os 74 millóns de individuos.[5][6] A poboación está decrecendo nalgunhas partes de Europe, pero noutras estase a incrementar,[7] e a especie non está seriamente ameazada, polo que se evalúa como preocupación menor na lista vermella da UICN.[8]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pardal mouro |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pardal mouro |