Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo.

Os Panteras brancas (White Panthers, en inglés) é unha organización política estadounidense fundada en 1968 por Lawrence (Pun) Plamondon e John e Leni Sinclair.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nace como resposta a unhas declaracións do cofundador das Panteras Negras Huey P. Newton, cando durante unha entrevista se lle preguntou se os brancos poderían formar parte da súa organización. A resposta foi que se cadra debían fundar un Partido da Pantera Branca. Inspirados por esas palabras, e polo exemplo dado pola organización afroamericana, varias persoas decidiron fundar as Panteras Brancas e dedicarse á revolución cultural e a "loitar por un planeta máis limpo e pola liberación dos prisioneiros políticos".

Ideario

[editar | editar a fonte]

O seu ideario baseouse nun manifesto similar aos dez puntos dos Panteras Negras.

O colectivo manifestouse especialmente activo na zona de Míchigan, especialmente nas cidades de Detroit e Ann Arbor. Nesa última cidade parece clara a conexión de Lawrence (Pun) Plamondon e John Sinclair cun atentado contra unha oficina da CIA, en 1969. Este suceso levou ao primeiro a exiliarse en Europa e África, concretamente en Alxeria, onde entrou en contacto co tamén exiliado Huey P. Newton. Tras volver de incógnito a Estados Unidos foi detido nun control de tráfico. John Sinclair, pola súa parte tamén estivo preso por diversos delitos relacionados coa posesión e o tráfico de marihuana, aínda que sería liberado en 1971, tras celebrarse un concerto de dous días na Universidade de Míchigan pola súa liberación, coa participación de artistas como John Lennon, Yoko Ono e Stevie Wonder. De calquera xeito a detención de Lawrence (Pun) Plamondon supuxo a fin operativa da organización, aínda que esta continuase existindo.