Opera
Desenvolvedor(es)Opera Software
Última versión31.0.1889.174
(18 de agosto de 2015)
Sistema operativoWindows, OS X, Linux, Solaris, FreeBSD, OS/2, QNX
Lingua/sVarias
Galego: Si (Dende a versión 8.00 en www.egalego.com)
TipoNavegador web
LicenzaFreeware dende a versión 8.51
Sitio webhttp://www.opera.com

O navegador Opera é un navegador web creado pola empresa norueguesa Opera Software en 1994. Opera é de balde dende a súa versión 8.50, sendo anteriormente shareware ou adware (con publicidade), e antes da súa versión 5.0 era de pago exclusivamente.

O navegador Opera é coñecido pola súa velocidade, seguridade, soporte de estándares (especialmente CSS), tamaño reducido, *intercionalidade e constante innovación. Foi un dos primeiros navegadores en incluír "lapelas" para a navegación pola web, sendo esta a principal característica nas súas primeiras versións. A versión 6 foi a primeira en contar con soporte de codificacións internacionais, e non foi ata a versión 7, reconstruída dende os cimentos, que contou con compatibilidade total con especificacións como DOM (Document Object Model), CSS2 (Cascading Style Sheets, segunda revisión) e XHTML (Extensible Hypertext Markup Language ou HTML extensible). A versión 7.6, unha versión de previsualización técnica ou Alfa, incluíu un novedoso sistema de recoñecemento de voz baseado en XML (VoiceXML), facilitando así a accesibilidade, que se mantivo na versión 8. Posteriormente, á mesma versión 8 agregóuselle soporte nativo de gráficos SVG Tiny.

As súas maiores distribucións son para Windows, OS X e Linux, mais atópase tamén dispoñible para unha variedade doutras plataformas, incluíndo OS/2, Solaris e FreeBSD. Ademais, existen versións para unha ampla variedade de dispositivos móbiles (xeralmente, de pago).

Características (v 8.5x)

Características (v 9.x)

As principais novidades da versión 9.0 de Opera son:

Historial das versións para Windows

Véxase tamén

Ligazóns externas