Ombreiro | |
---|---|
A Torre de Riazón é Ben de Interese Cultural. | |
Concello | Lugo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°02′41″N 7°38′17″O / 43.044833333333, -7.6379444444444Coordenadas: 43°02′41″N 7°38′17″O / 43.044833333333, -7.6379444444444 |
Poboación | 153 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Ombreiro é unha parroquia do concello de Lugo na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 144 habitantes, deles 74 eran homes e 70 eran mulleres, o que supón un aumento de 8 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Amais da igrexa parroquial[2] na parroquia están os restos da torre de Riazón,[3] declarada Ben de Interese Cultural (con id. RI-51-0008908) o 17 de outubro do ano 1994, e a capela de San Roque.[4] Na Casa de Parada ou Casa de Gonday estaba establecida a familia de Gómez Núñez de Gaioso Prado, e en 1817 Fernando VII concedeulle ao seu descendente José María de Prado y Neira o marquesado de San Martiño.[5]
Lugares da parroquia de Ombreiro no concello de Lugo (Lugo) | |
---|---|
A Airexe | Amedín | Bandelo | O Carballo | Cristimil | A Cucurela | As Lagoas | A Ponte | O Regueiro | Riazón | Trasnarla |