Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de outubro de 1987 (36 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | política |
Lingua | Lingua castelá |
Noa Olalla Presas Bergantiños, nada en Ourense o 2 de outubro de 1987, é unha profesora e política galega do BNG.
Licenciada en Filoloxía Galega e Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, ten o mestrado universitario de Profesorado. Aos 16 anos entrou nos CAE e comezou a militar no BNG. Traballou como lingüista, profesora no ensino, e teleoperadora nun servizo de atención ao cliente. Foi cabeza de lista da provincia de Ourense polo BNG nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016,[1] sendo elixida deputada do Parlamento de Galicia.[2][3]
En xullo do 2022 fixo público a través das súas redes sociais que aprobara as oposicións de ensino secundario. En 2023 preséntase como cabeza de lista por Ourense ao Congreso.[4] Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Ourense.[5]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Noa Presas |